Anxo Boán Rodríguez
.Naceu en abril do ano 1961 no lugar de Sandiás de Vilaúxe, Chantada. Alí transcurriu a súa infancia, no mundo rural, omnipresente na súa obra literaria. Na actualidade exerce a avogacía na vila de Chantada onde quedou a vivir.
Na súa xuventude foi premiado por un certame literario convocado pola asociación A.C. Lumieira cunha obra de teatro titulada Traxicomedia de Luis e Margarita (1976). No mesmo ano foi premiado por outro certame convocado po-lo Círculo Recreativo e Cul-tural de Chantada coa obra tamén de teatro Nadal Tráxico (1976) e no ano 1980 foi premiado polo I.N.M.B de Chantada, polo poema Camiñando de noite. (1980)
Xa na súa madurez, gaña no ano 2001 o premio “Xohán de Requeixo”. No 2004 publica o seu primeiro libro de poesía As Árbores das idades (2004) A partir de entón seguen diversas colaboracións coa revista “Xistral” e co diario “El Progreso”. No ano 2011 gaña o premio de xornalismo “Moncho do Pío” por un artigo no Xornal “El Progreso” sobre a muller traballadora na Ribeira Sacra chantadesa.
No ano 2016, publica un novo poemario Limiar de Xosé Lois García titulado Poemas para unha alma ferida (2016) , a que segue este libro de narrativa con limiar de Pablo Rubén Eyré titulado As Cousas do Fuco.
Poetas do reencontro é máis ca un libro. Poetas do reencontro é unha colleita de sesenta e nove poetas tanto de Portugal como de Galicia que rememoran a lingua romance mais antiga da península a partir do latín vulgar. Mil anos despois daqueles trobadores galaico-portugueses...
Más información