Pantalla :
Antonio escribe bañado en lágrimas nun xélido garaxe da cidade de Lisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazóns detidos no medio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre...
Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais...
Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns...
O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina....
Un libro divulgativo sobre a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020. Quen era, como viviu e como pensaba Carvalho Calero. Unha biografía clara e concisa para todos os públicos.
Levada ao cine con éxito en varias ocasións, a novela A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, relata a intensa rivalidade que enfronta os nenos e nenas de dúas vilas veciñas, rivalidade que dá lugar a...
Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza? A fortaleza das mulleres...
Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares,...
Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do goce do tempo, da luz nas pernas, das cicatrices xusto onde agroma a vida, do niño esfiañado e do adeus. Hai que descalzarse para transitar...
O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está prohibido agocha, en si mesmo, a orixe primeira que ilumina o sendeiro que hai que percorrer, cuxo trazado delictivo queda fóra das...
Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e,...
Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscas acesas debaixo da borralla. A medio camiño entre a novela e o libro de relatos, Ramón Vilar Landeira ofrécenos unha narración ateigada...
Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo...
Unha ollada galega e orixinal da historia da literatura infantil e xuvenil. Por que o lobo debe seguir comendo á Carapuchiña? Era Alicia unha nena burguesa? Contra a absurda concepción de opoñer unha...
Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba...
Ramón D. Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que lle envíen unha imaxe da súa autoría. A que escollan. A que máis rabia lles dea. O obxectivo é argallar...
Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, honesta e obxectiva, en «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» Alberte Blanco Casal enfoca a crise do mundo actual...
Non sorprende o Isaac Díaz Pardo pintor, ceramista, deseñador, editor... pero, o poeta? Coa súa personalidade de creador infatigable e animador titánico, Isaac foi tamén un prolífico escritor, aínda que...
Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas. Namorada dela, sabe que as circunstancias da fermosa pintora, viúva recente, non facilitan as súas...
A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade,...
«Os paxaros e outros poemas» é unha indagación e un dó, unha elexía e un axuste de contas, un pasmo e unha luz ferida. A escrita detense na materia. Trata da lama e do dereito á beleza. Investiga a textura...
Marguerite Duras afirmaba que o que lle doe dos libros e que nonm son libres por estar fabricados, organizados. Pois ben este libro si é un pouco máis libre xa que realizado de maniera automática e remitindo...
En As cousas do Fuco o autor retrátanos a vida dun neno que tiña que axudar nos traballos agrícolas dos seus pais como realidade social no mundo rural da Galicia profunda a finais dos...
A novela comeza cun soño estraño de Mireia, xornalista dunha revista esotérica de Madrid. O soño transcorre nunha aldea preto do lugar natal da protagonista, na Idade Media. Ela ten a sensación estraña...
As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen...
Os abrazos son de cor verde e crían bolboretas. Son simbióticos e soan a ritmo de rock. Veñen sen instrucións de uso, pero teñen uns pasos moi claros e marcados. Son flexibles e adaptables, sempre emocionais....
En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia...
Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Letras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral...
Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable...
Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta, en longas conversas, as circunstancias que ambos os dous viviron desde mozos. Manuel é un profesor...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.