Neira Vilas é un pintor nato, un home que en Historias de emigrantes fai, desde A Habana, notables retratos e describe paisaxes dun Buenos Aires que sempre está presente nas súas historias, tanto como...
Mercedes Núñez (1911-1986), política republicana e militante antifascista, logra sobrevivir ao Cárcere de Ventas franquista e ao campo de concentración nazi de Ravensbrück e dedica os últimos anos da...
Maya está nerviosa porque se aproxima o seu aniversario. Cando chega o día, os Minimortos prepáranlle unha festa sorpresa onde non falta de nada, mesmo hai uns impresionantes fogos de artificio que preparou...
«O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca esta crónica íntima dun dó con sabor a outro tempo. Un en que os defuntos eran velados nas casas, en que as capelas ardentes permanecían...
O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalización que afectan as organizacións e a nosa vida cotiá: os grandes riscos...
Mencía comeza un novo curso na escola para perfeccionar as súas técnicas de maxia e meigallos rodeada doutros nenos bruxos e nenas bruxas. Nunca antes vira tantos compañeiros xuntos. E nunca se sentira...
En 1920, o inmigrante italiano, Andrea Salcedo, caeu desde o edificio do FBI en Nova York, e, en decembro de 1969, o mesmo lle ocorreu ao anarquista Giuseppe Pinelli, na xefatura de Policía de Milán....
Un home que xaceu aquí pode ser moitas cousas e á vez ningunha: unha satírica traxicomedia, unha intriga policial, un axuste de contas cun pasado falsificado, o diario atrapallado dun pretendido sedutor....
Este libro conta noventa e sete vidas en formato de miniconto. Este libro conta dúas vidas fragmentariamente, páxina a páxina, que poden ser unha, non diría que non, e poden ser tres, se ti te decides...
Despois da morte de Manuel Blanco Romasanta no presidio de Ceuta en 1863, o cura e capelán do Penal, que o atendeu “in articulo mortis”, decide colgar a sotana encabuxado por distintas razóns. Pasados...
Esta é unha novela sobre meigas, pero non son como ti cres. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente… que non o merece. As meigas desta novela...
Dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de fantasmas e sombras. Corren os anos 80, un tempo de gran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitas traxedias...
Manuel Bugallal é unha especie de Ulises posmoderno que gravita con lixeireza entre tres cidades: Santiago de Compostela, Lugo e Madrid, na procura da composición do quebracabezas que supón a descuberta...
Días felices con Fábia é unha historia de sedución e enganos que transcorre no Porto. Un realizador de televisión en horas baixas chega para facer un documental sobre a acuicultura dos polbos e coñece...
Aínda que Fiz Vergara Vilariño é coñecido principalmente pola súa calidade poética, en ¿Por que Deus faría a brétema? Narrativa reunida, Iago Rodríguez Yáñez recolle o máis salientable da súa interesante...
Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este deporte non poden renegar das moitas veces que de nenos correron entusiasmados detrás dun balón...
Da expedición científica que Mr. Smith realizou polas rúas e prazas dunha cidade galega, coa xenerosa intención de dar cunha nova vía que servise de atallo no camiño da investigación socioxeográfica...
O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta...
Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación...
Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza,...
As persoas presas no campo de concentración fronte ao mar non paraban de debuxar nas paredes do mosteiro. Facíano quizais para voar lonxe do horror. Tamén escribían, deixando nos muros as súas últimas...
Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción...
Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo dos coñecementos ancestrais das mulleres que saben, que sempre souberon ao longo dos...
Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, Doutor Zhivago pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro...
Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira...
Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto. Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía...
\"O teu perfil na miña sombra\" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais...
Ciencia, maxia, relixión. De que xeito nos explicamos o mundo? Con que mestura de relatos damos sentido ás existencias? As mulleres protagonistas de Eva e Lucy amosan e agochan as súas estratexias para...
O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona,...
Se existe un verso celeste que nace aos pés de Safo, acaróase a Dickinson, miaña nas hortas de Issa e na cociña de Szymborska, ese verso é acariciado pola astrónoma e poeta Rebecca Elson. Nesta obra única...
Pantalla :
Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun...
«A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo...
«Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita...
Editorial Galaxia publica Ollos de auga, novela coa que Domingo Villar inicia a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense,...
A pesar da súa brevidade é unha obra moi grande.
Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar...
Dúas vidas que se cruzan de madrugada a través das redes. Un rapaz e unha rapaza que se entregan a un xogo misterioso: compartir os seus soños, as súas ilusións e os seus temores, pero non a súa identidade....
Cóntase, ao longo das súas 60 páxinas ilustradas, a historia da nosa lingua. É un libro de divulgación, cun enfoque humorístico e rigoroso, que, xunto ás ilustracións a dobre páxina e a toda cor, se fai...
Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío...
As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes....
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do...
Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o...
Reúnense neste libro as obras de teatro escritas en galego por Álvaro Cunqueiro, desde a peza Rúa 26, publicada en 1932, ao Don Hamlet, cume da escritura cunqueirá.
Ven coñecer as historias de Aakesh, Nadim, Altair, Leila, Carlos... Un libro a favor de UNICEF
Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes,...
Gañadora do 6º PREMIO MEIGA MOIRA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro...
'Modelos de lingua e compromiso' é unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma e a súa recuperación. A publicación, coordinada por Xosé Manuel Sánchez Rei, dá acubillo a...
A misteriosa historia de Raquel e o caderno chinés.
Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso....
Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (infantil) 2014. Un lobo ouvéalle á lúa para que esperte. Ten algo moi importante que lle dicir. Dous animais pídenlle que...
Relato do escritor naviego-lucense Toño Núñez, ilustrado polo debuxante betanceiro e colaborador de La voz de Galicia Xosé Tomás, que conta a historia dun vello e tenro mariño galego -o capitán Peneque-...
Pode ser considerada unha novela neorrealista, aínda que os personaxes non pertencen, como case sempre acontece na novela neorrealista, ás clases artesás, ás clases obreiras ou pequenoburguesas dun mundo...
Que é unha poeta? Como nace? Como é no colexio, na casa, na vida? A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e,...
Premio Blanco Amor 2019 Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron...
Un relato violentamente fermoso. Fermosamente violento. O autor recrea nesta ambiciosa novela unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que sobreviven en covas devaixo...
A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo...
Con 'Auga que non vas beber...', Inacio Vilariño transpórtanos de forma divertida e con fino humor ao terreiro de aventuras e desventuras amorosas entre Xosé e Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre...
Premio de Novela de Entregas 2013 de La Voz de Galicia
Premio de Narrativa Breve Repsol 2013
Dez anos despois da primeira edición, Galaxia volve publicar O sabre do francés nunha nova edición corrixida e ampliada polo seu autor, Miguel Anxo Fernández. Inclúese un relato inédito, 'A negativa do...
Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres. Tal e como afirma Mercedes Peón no limiar, eran «libres de tocar, de berrar, de aloumiñar coa voz, de disociar e ornamentar...
Senda múdase cos pais á pequena aldea de Sempreviva. O matrimonio de biólogos vai estudar a zona porque está tan contaminada que non medra nada en toda a contorna. A nena queda moito tempo soa na vella...
A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a percorrer o mundo e que lles prometeu volver para celebrar unha festa polo seu trinta aniversario....
Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de...
Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.