Neira Vilas é un pintor nato, un home que en Historias de emigrantes fai, desde A Habana, notables retratos e describe paisaxes dun Buenos Aires que sempre está presente nas súas historias, tanto como...
Mercedes Núñez (1911-1986), política republicana e militante antifascista, logra sobrevivir ao Cárcere de Ventas franquista e ao campo de concentración nazi de Ravensbrück e dedica os últimos anos da...
Maya está nerviosa porque se aproxima o seu aniversario. Cando chega o día, os Minimortos prepáranlle unha festa sorpresa onde non falta de nada, mesmo hai uns impresionantes fogos de artificio que preparou...
O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalización que afectan as organizacións e a nosa vida cotiá: os grandes riscos...
Mencía comeza un novo curso na escola para perfeccionar as súas técnicas de maxia e meigallos rodeada doutros nenos bruxos e nenas bruxas. Nunca antes vira tantos compañeiros xuntos. E nunca se sentira...
«O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca esta crónica íntima dun dó con sabor a outro tempo. Un en que os defuntos eran velados nas casas, en que as capelas ardentes permanecían...
En 1920, o inmigrante italiano, Andrea Salcedo, caeu desde o edificio do FBI en Nova York, e, en decembro de 1969, o mesmo lle ocorreu ao anarquista Giuseppe Pinelli, na xefatura de Policía de Milán....
Aínda que Fiz Vergara Vilariño é coñecido principalmente pola súa calidade poética, en ¿Por que Deus faría a brétema? Narrativa reunida, Iago Rodríguez Yáñez recolle o máis salientable da súa interesante...
Un home que xaceu aquí pode ser moitas cousas e á vez ningunha: unha satírica traxicomedia, unha intriga policial, un axuste de contas cun pasado falsificado, o diario atrapallado dun pretendido sedutor....
Este libro conta noventa e sete vidas en formato de miniconto. Este libro conta dúas vidas fragmentariamente, páxina a páxina, que poden ser unha, non diría que non, e poden ser tres, se ti te decides...
Dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de fantasmas e sombras. Corren os anos 80, un tempo de gran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitas traxedias...
Esta é unha novela sobre meigas, pero non son como ti cres. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente… que non o merece. As meigas desta novela...
Manuel Bugallal é unha especie de Ulises posmoderno que gravita con lixeireza entre tres cidades: Santiago de Compostela, Lugo e Madrid, na procura da composición do quebracabezas que supón a descuberta...
Días felices con Fábia é unha historia de sedución e enganos que transcorre no Porto. Un realizador de televisión en horas baixas chega para facer un documental sobre a acuicultura dos polbos e coñece...
Despois da morte de Manuel Blanco Romasanta no presidio de Ceuta en 1863, o cura e capelán do Penal, que o atendeu “in articulo mortis”, decide colgar a sotana encabuxado por distintas razóns. Pasados...
\"O teu perfil na miña sombra\" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais...
Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación...
Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este deporte non poden renegar das moitas veces que de nenos correron entusiasmados detrás dun balón...
As persoas presas no campo de concentración fronte ao mar non paraban de debuxar nas paredes do mosteiro. Facíano quizais para voar lonxe do horror. Tamén escribían, deixando nos muros as súas últimas...
Da expedición científica que Mr. Smith realizou polas rúas e prazas dunha cidade galega, coa xenerosa intención de dar cunha nova vía que servise de atallo no camiño da investigación socioxeográfica...
O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta...
Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza,...
Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción...
Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto. Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía...
Ciencia, maxia, relixión. De que xeito nos explicamos o mundo? Con que mestura de relatos damos sentido ás existencias? As mulleres protagonistas de Eva e Lucy amosan e agochan as súas estratexias para...
Se existe un verso celeste que nace aos pés de Safo, acaróase a Dickinson, miaña nas hortas de Issa e na cociña de Szymborska, ese verso é acariciado pola astrónoma e poeta Rebecca Elson. Nesta obra única...
O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona,...
Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira...
Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo dos coñecementos ancestrais das mulleres que saben, que sempre souberon ao longo dos...
Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, Doutor Zhivago pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro...
Pantalla :
Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar...
«Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non as normas dos gramáticos». En «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» Darío Xohán Cabana reflexiona, con rigor e excelencia,...
Este é un libro para ler, para aprender a elaborar doces e lambetadas e para gozar da cociña con todos os sentidos. Desde que se comezou a empregar o mel para adozar e conservar alimentos, ou desde que...
"Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez" é un monográfico que contén un conxunto de estudos cuxa vontade é a de reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras...
A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil presenta unha serie de circunstancias específicas que sempre a diferenciaron das experiencias doutras realidades nacionais,...
Neste fermosísimo relato nárranse as aventuras que vive Ulises -coñecido como Odiseo en Grecia- navegando polo mar Mediterráneo. Enormes tempestades azoutan a súa nave porque o deus do mar, Poseidón,...
Yolanda Castaño e Xosé Tomás van un paso máis alá co seu último traballo conxunto, unha proposta tan artisticamente avanzada como Paleta Planeta. Antes do que imaxinado, este libro foi vivido ao longo...
María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhistoria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles...
Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán. Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos...
Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo. Guiarante as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de...
'Tres en raia' é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro. A enfermidade de Guillerme propicia, despois de décadas de separación, o reencontro...
Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida...
Que segredo gardan as fragas do Eume? Que aconteceu alí hai douscentos anos? Paloma, Paula e mais o seu curmán, Alex, van pasar as vacacións xunto da súa amiga Uxía, filla dun mariñeiro da aldea de aresá...
Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor. Era Antón Vilar Ponte. Con estas palabras, escritas en A Nosa Terra en marzo de 1936 (n.º...
O trobador de orixe portuguesa Fernan Fernandez Cogominho desenvolveu o seu labor poético contra o terceiro cuarto do século XIII. O conxunto das súas cantigas perpetuouse nos dous códices confeccionados...
PREMIO GARCÍA BARROS 2020 Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse...
PREMIO BLANCO AMOR 2020 A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa...
Dezaseis pezas teatrais breves escritas por Otero Pedrayo en 1934, consideradas hoxe un exemplo de modernidade e de beleza plástica sen precedentes no teatro galego. As pezas de Teatro de máscaras formaban...
Durante cinco anos, desde novembro de 2010 até finais de 2015, o asinante destas páxinas estivo a colaborar de modo regular coa publicación dixital Terra e Tempo [...] con artigos mensais e, xa nos últimos...
PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019 Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde...
A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos...
«Estando en posesión desa fórmula, calquera podería converterse na persoa máis rica e poderosa do mundo. Todos quererían mercala, ao prezo que fose: a eterna xuventude, a inmortalidade, a viaxe no tempo?,...
Esta antoloxía agrupa máis de trinta poemas representativos de Walt Whitman, tanto no tocante á temática coma ó tratamento, e que poden resultar de interese para a mocidade. O poeta interpelaravos e verédesvos...
Lume branco escolma os poemas dos últimos anos de vida de Antonia Pozzi, escritos entre os anos 1935 e 1938. Unha poesía que dá conta da súa intelixencia, a súa sensibilidade e a súa bagaxe intelectual....
Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade.
Esta antología agrupa más de treinta poemas representativos de Walt Whitman, con respecto a su temática y tratamiento, y que pueden resultar de interés para la juventud. El poeta os interpelará y os veréis...
Helen McGill é unha muller de 39 anos que vive nunha granxa co seu irmán, Andrew, ao que só lle interesa converterse nun escritor famoso. Helen está cansa de ter que coidar sempre del, así que, cando...
Unha familia de novos ricos instálase nun dos barrios máis luxosos do París de comezos do século xx. Para conseguir o ansiado recoñecemento social, os Kampf deciden dar unha festa á que todo o mundo está...
Unha familia americana múdase ó castelo de Canterville, un lugar que, como todo o mundo sabe, está encantado. A pantasma dun nobre inglés deambula polo castelo e trata de facerlles a vida imposible ós...
Dotado dun fino humor negro, dunha curiosa retranca e mais dunha forte imaxinación, os relatos de Kosztolányi chegan a ser universais partindo do local. Describe a vida centroeuropea de entreguerras,...
Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de...
A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a percorrer o mundo e que lles prometeu volver para celebrar unha festa polo seu trinta aniversario....
Senda múdase cos pais á pequena aldea de Sempreviva. O matrimonio de biólogos vai estudar a zona porque está tan contaminada que non medra nada en toda a contorna. A nena queda moito tempo soa na vella...
Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres. Tal e como afirma Mercedes Peón no limiar, eran «libres de tocar, de berrar, de aloumiñar coa voz, de disociar e ornamentar...
Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.