Pantalla :
A vida na Grecia clásica é unha porta de entrada á civilización que, xunto coa romana, está na base da nosa cultura. A historia da arte, da ciencia, do pensamento ou das formas políticas non se pode entender...
Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer....
Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares,...
O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio...
Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle...
Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son...
«As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha...
A novela Palabras de Opoton o Vello, de Avel·lí Artís-Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX. Ambientada en Galicia, o autor quixo darlle a volta á historia...
Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar...
Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco...
Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno...
A misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega e a súa intensa e dificultosa busca son o fío condutor desta historia de fantasía que bebe directamente das lendas da tradición oral....
Marta ten un irmán moi raro. É un mono! Un conto de humor sobre as diferentes formas de ver o mundo.
Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti». Pégao na porta do frigorífico. Técelle un...
Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai...
É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada....
1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá...
Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava...
«Dou aulas de ioga por videoconferencia» é unha proposta poética na cal Xandra Táboas Martínez e Adriam Mosqueira Paços constrúen un diálogo fresco e diferente que explora, en clave irónica, o noso tempo...
A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous...
Mateo, o protagonista desta vibrante e conmovedora novela de Diego Ameixeiras, tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente...
Como se chega a ser escritora ou escritor? Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Pódese aprender a pensar a través da lectura? As palabras poden proer, picar, denunciar as inxustizas, resultar molestas...
A policía de Oregón atopa unha parella de cadáveres no interior dunha nave industrial abandonada. O home negro está axeonllado no chan colocando as últimas novidades en primeira liña da manta. Nelson,...
Un libro para divulgar a nosa cultura popular. Unha manchea de mitos, lendas, ritos, contos, saberes e sucedidos. Unha guía de campo dos lugares singulares. Contos, tesouros, lendas urbanas, prodixios,...
En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na...
Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na...
O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para...
Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres...
Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela,...
Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio. Marisa, muller afouta e tenaz, non vai permitir que os erros da mocidade nin os prexuízos...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.