Pantalla :
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas...
Este libro conta a vida apaixonante dun home libre e bondadoso e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis extremas. Entre 1899 e 1981, a de Rafael Dieste foi unha existencia entre as palabras,...
Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo. En Noitía, na costa atlántica, houbo un tempo...
Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila...
Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñeceu grazas a un estraño navegante chamado Joseph Conrad. Un rapaz de 15 anos relata a época...
Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros...
De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa, desde Herac1io Pérez Placer, desde Va1entín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita...
En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato,...
En Non fales o que non debes, a aparencia ten pouco que ver coa realidade. Xanete, o gato do maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 1 está desconcertado porque o corpo do seu dono xace morto...
A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os...
Cun enorme poder metafórico, 15.724, unha magnífica novela de Xesús Constela, trasládanos a unha Patria «asentada no lombo dunha ave durmida» que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten como...
A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que...
A loucura como vivencia, a loucura como metáfora, como agudísima conciencia da dor de estar vivo. Esta é unha historia dura, triste, abrumadora, o relato da loita dunha corredora de marathon exhausta...
O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se...
"Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan...
Antonio escribe bañado en lágrimas nun xélido garaxe da cidade de Lisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazóns detidos no medio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre...
Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais...
Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns...
O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina....
Un libro divulgativo sobre a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020. Quen era, como viviu e como pensaba Carvalho Calero. Unha biografía clara e concisa para todos os públicos.
Levada ao cine con éxito en varias ocasións, a novela A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, relata a intensa rivalidade que enfronta os nenos e nenas de dúas vilas veciñas, rivalidade que dá lugar a...
Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza? A fortaleza das mulleres...
Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares,...
Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do goce do tempo, da luz nas pernas, das cicatrices xusto onde agroma a vida, do niño esfiañado e do adeus. Hai que descalzarse para transitar...
O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está prohibido agocha, en si mesmo, a orixe primeira que ilumina o sendeiro que hai que percorrer, cuxo trazado delictivo queda fóra das...
Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e,...
Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscas acesas debaixo da borralla. A medio camiño entre a novela e o libro de relatos, Ramón Vilar Landeira ofrécenos unha narración ateigada...
Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo...
Unha ollada galega e orixinal da historia da literatura infantil e xuvenil. Por que o lobo debe seguir comendo á Carapuchiña? Era Alicia unha nena burguesa? Contra a absurda concepción de opoñer unha...
Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.