Pantalla :
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu...
Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda -o seu can-, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na...
«Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento...
O corazón de Percy B. Shelley, poeta romántico inglés, é un dos protagonistas deste libro. Despois dunha morte por afogamento e de pasar varios días no mar, as amizades conseguen incinerar o escritor,...
Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun...
"Órbita" recolle as voltas da intimidade contra o Universo, o baile que non se deixa guiar, implacable. As viraxes dunha década peneirando a luz ata o punto certo. Afiando a lixa para queimar o veo. Nunha...
Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando...
Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso Alba de groria nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista...
Poden dúas persoas á deriva salvarse mutuamente? Pode a necesidade de amar e ser amado abondar para sobrevivir cando a burbulla da felicidade estalou en mil anacos? Grace e Frank son dous superviventes...
Eduardo, antes de ir ó chiringuito que atendía o seu pai, gustaba percorrer na súa Rieju o quilómetro de area da praia de Llas. Asumira a obriga de botarlle unha man cando enviuvara hai seis anos. Os...
Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde...
A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido...
O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así...
Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán...
"Lapis na noite" bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do...
Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete sociolóxico. Reciben un encargo dunha institución académica que ten como obxectivo elaborar un...
Santiago de Compostela, anos setenta. Ferven as revoltas universitarias. Está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da...
Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade,...
A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos.» Así acontece...
Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño...
Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos...
María Casares (1922-1996). Galega. Actriz. Un mito do cine francés. Neste libro, a tamén actriz galega Sabela Hermida aborda a figura e o legado de María Casares, realizando unha retrospectiva da súa...
André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata...
Cinco anos despois da morte de Daniel Gluckmann, o xornalista Samuel Eirís recibe un encargo póstumo: completar a súa historia. Unha petición que o arrastrará de volta á Galicia actual e á Coruña do ano...
Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais......
"Erros e Tánatos" componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentido do...
A imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o...
En A illa misteriosa Jules Verne aborda o tema da illa como espazo da aventura por excelencia, tan presente no seu universo literario, e afonda no diálogo que o ser humano illado mantén coa natureza....
Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá....
Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.