Pantalla :
«Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria...
Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío...
Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando...
Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben. Quen está provocando...
Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen...
A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans... esperta dentro do tren da...
Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española,...
Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias...
Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando...
Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer»...
O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para...
Néboa fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida...
Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peitéanse coma ela..., son de súpeto cuspidiñas a...
Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar...
Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas amizades. Un día aparece diante da súa casa un can xigantesco, ao que lle pon de nome Sultán,...
Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior. Neste libro...
Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego. Haydn descobre a nosa gastronomía,...
As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen...
Os abrazos son de cor verde e crían bolboretas. Son simbióticos e soan a ritmo de rock. Veñen sen instrucións de uso, pero teñen uns pasos moi claros e marcados. Son flexibles e adaptables, sempre emocionais....
En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia...
Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Letras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral...
Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable...
Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta, en longas conversas, as circunstancias que ambos os dous viviron desde mozos. Manuel é un profesor...
Un cabaliño/ de dúas patas/ que conta contos,/ que canta nanas,/ que trota en risas/ por toda a casa,/ que me dá bicos/ e que me abraza. «Garabitolas» son poemas e brincadelas para ler en voz alta e xogar...
A profe Lola/ trouxo froita para a escola... Un libro de aprendizaxe temperá con vistosas fotografías e un texto simple e rimado para recoñecer as froitas e as súas cores e aprender como se denominan...
Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o...
Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes,...
Gañadora do 6º PREMIO MEIGA MOIRA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro...
'Modelos de lingua e compromiso' é unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma e a súa recuperación. A publicación, coordinada por Xosé Manuel Sánchez Rei, dá acubillo a...
Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso....
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.