Pantalla :
Tamara non sabía e nunca sabería o que pasou despois diso.O único que lembraría era o súpeto e cegador destello de luz prateada, unha sensación de ardor na súa gorxa e a cabeza levantada polo cabelo.De...
Unha mañá, cando está a piques de ir apañar pole coa súa cestiña, a pequena abella decátase de que perdeu as ás. Onde as puido deixar? Un conto en verso sobre unha adorable abelliña, algo despistada.
O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos...
Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha excursión ordinaria que calquera podería...
Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro...
O que está a pasar hoxe é moi sorprendente. Será porque a xente só busca enriquecerse e oprimir aos demais. Tamén debería ser unha convivencia pacífica e non sempre só guerras e outros conflitos.
«Os mil e un días» é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten. O resultado é unha posible...
Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes...
Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear,...
Muriel e o inseparable raposo Blim viven unha calma apracible no seu castelo. Apenas reciben cartas e botan en falta os atafegos doutra época. Mais todo muda logo dun lixeiro estrondo no laboratorio....
Laura, unha rapaza de doce anos, está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse. Cando...
Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que...
Os contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máis interesantes do patrimonio cultural popular. Transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, en moitos casos ao longo dos séculos,...
Carlos Baza, un neno feliz e imaxinativo, non é o que se di un bo alumno...: o seu alcume "Cabaza" dá fe diso. Certo día aparéceselle Al-Falfa, un xenio diminuto e de terceira categoría do que se fará...
«831-urb» é un exercicio arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse. Este libro de poesía foi gañador do XXVI Premio Johan Carballeira.
Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade...
Comba é unha nena moi espelida e moi peculiar. Acompañada do seu gato Chosquiño, gústalle recoller materiais de refugallo para darlles unha nova vida: fai lapiseiros cos frascos de mel, xoieiros con caixas...
Cando Inés lle prometeu á nai ler os seus cadernos e escribir o libro da súa vida non podía imaxinar o alcance dese legado. Ao abrir o primeiro manuscrito, a memoria devolveulle a imaxe de Carmiña, trinta...
O leitmotiv deste libro son os resultados matemáticos que chocan coas nosas ideas intuitivas previas e que nos producen sorpresa, admiración e asombro. Neste texto atopamos curiosas respostas a moi variadas...
Rematou o ano 2023 e que conflitos e discusións haberá no ano que ven. Non había xa suficientes conflitos e catástrofes militares? Pero do mesmo xeito que ocorre a pequena escala, tamén ocorre a gran...
Todos os días suceden acontecementos que se poden ver desde unha perspectiva diferente. Aquí trato de documentar tales puntos de vista. Que poidan estar de acordo ou non depende do seu punto de vista.
«Cinco pseudocomedias» contén cinco dos meus textos preferidos. Todos eles están emparentados polo humor, pero en cada un a comedia mestúrase con outros xéneros para transitar por camiños diferentes....
Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.
«Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria...
Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío...
Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando...
Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben. Quen está provocando...
Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen...
Ronsel Pan nace en A Coruña na primavera de 1980. Cursa Estudos Internacionais na USC cun Erasmus no Institut D'Etudes Politiques de Paris. Consigue un D.E.A. chamado Temps et Territoires na Université...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.