Pantalla :
Que pode ou debe facer unha profesora cando unha alumna trata de introducirse na súa vida persoal? Que pode ou debe facer cando esa alumna precisa, dalgún xeito, o seu apoio fóra da aula? "Principio...
No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido. No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron...
Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo...
Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira,...
Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa...
«Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...» Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará. Tampouco sabe que ela...
É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente...
É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá, nun...
O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón...
Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado...
Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional. Os enfrontamentos non cesan nin...
Xoaniña estase esquecendo da súa vida, de feito nin tan sequera lembra o seu nome ou a idade que ten. Ao redor dela tan só xira a soidade, o medo e uns invisibles fíos que a manteñen atada á realidade....
En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que...
Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor...
«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras...
O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras...
Farta de, en materia de sedución, agardar resignada as arremetidas e aguilloadas dos homes, Marleen MaLone trazou un plan: empoderarse sexualmente. Para evitar volver ser carnaza e converterse en depredadora....
Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de...
As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome,...
Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non...
A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas...
«Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non as normas dos gramáticos». En «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» Darío Xohán Cabana reflexiona, con rigor e excelencia,...
Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito...
Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas enriba dunha bicicleta tradicional (non das eléctricas, vaia). Nestas páxinas conta, brevemente,...
Este é un libro de viaxes convertido nunha aventura de divulgación científica, o relato dun periplo de once meses arredor do planeta Terra no que se mesturan as anécdotas que van xurdindo ao longo das...
Principios de 1942. Galicia vive dúas guerras ocultas ao tempo. Na costa, nazis e aliados combaten no mar e nos portos polo dominio do Atlántico. No interior, a resistencia enfróntase teimuda ao poder...
Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque. Nenos e monstros vanse atopar. O medo dá paso á curiosidade...
Na Cidade das Campás, nun mundo distópico, Lan é un mozo orfo que deseña e manexa os seus drons CL4. Malvive no Subterráneo grazas á venda de datos informáticos, que consegue conectándose ás redes da...
Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción....
Unha muller que vive como testemuña protexida nun piso en Vigo; un narcotraficante da Arousa que domina a través da extorsión e a agresividade; un garda civil da fronteira portuguesa que se ve inmerso...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.