Pantalla :
Avanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras... Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia....
Obra na que se recorre, como é habitual no autor, á ironía, ao "esperpento", á ciencia como escusa para facer unha crítica mordaz sobre o papel que se lle atribúe na sociedade e na historia ás mulleres....
A Illa do Silencio conta as aventuras dun rapaz calquera, nacido na ribeira do río Sil, que abandona o seu berce na procura dunhas moedas que poidan sacar a súa familia da miseria que se vive nos últimos...
'Alma. Un sopro de aire fresco', próxima obra na colección Baía Narrativa do profesor, filósofo, ensaísta e novelista José Lorenzo Tomé, centra a súa historia na xeración beat, na xeración europea que...
Nesta novela nárranse pouco máis de dúas décadas da vida de Chinto, un rapaz de Outeiro, aldea perdida nas montañas de Lugo, que nos descubre a súa infancia, o seu mundo cheo de acontecementos que intenta...
As narracións deste libro recollen un compango de personaxes que, axudados polas mesuradas doses de humor, ironía e ternura coas que nos agasalla o autor, fitan con prismáticos desenfocados este inmenso...
Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor. Era Antón Vilar Ponte. Con estas palabras, escritas en A Nosa Terra en marzo de 1936 (n.º...
María xa sobe escaleiras, toma soa o leite e fala sen parar. María xa é maior pero... non lle deixan facer todo o que quere: non pode prender lume, xogar coas tesoiras ou andar nos enchufes. Pero, como...
Dinos o autor, a xeito de explicación do que podemos atopar coa lectura deste poemario que percorre as veas dunha biografía, que nalgunhas rexións, coa frase esta noite peneirou a vella, dise da xeada...
Números que Curan Grigori Grabovoi Método Oficial Este é o método oficial e actualizado máis completo para as secuencias ou números de Grabovoi para mellorar e restaurar a saúde, ademais do que queiras...
Quixera sementar ventos de inquedanza e colleitar tempestades de esperanza. Quixera sementar ventos en odios e rancores e colleitar tempestades de amores. Quixera sementar ventos en almas dooridas e colleitar...
Hai moitos libros sobre Celanova. Moitos autores de fama xa clásicos, como Manuel Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro, e tamén moitas firmas actuais. Hai publicados textos sobre a historia da vila,...
Tamara non sabía e nunca sabería o que pasou despois diso.O único que lembraría era o súpeto e cegador destello de luz prateada, unha sensación de ardor na súa gorxa e a cabeza levantada polo cabelo.De...
Unha mañá, cando está a piques de ir apañar pole coa súa cestiña, a pequena abella decátase de que perdeu as ás. Onde as puido deixar? Un conto en verso sobre unha adorable abelliña, algo despistada.
O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos...
Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha excursión ordinaria que calquera podería...
Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro...
O que está a pasar hoxe é moi sorprendente. Será porque a xente só busca enriquecerse e oprimir aos demais. Tamén debería ser unha convivencia pacífica e non sempre só guerras e outros conflitos.
«Os mil e un días» é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten. O resultado é unha posible...
Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes...
Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear,...
Muriel e o inseparable raposo Blim viven unha calma apracible no seu castelo. Apenas reciben cartas e botan en falta os atafegos doutra época. Mais todo muda logo dun lixeiro estrondo no laboratorio....
Laura, unha rapaza de doce anos, está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse. Cando...
Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que...
Os contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máis interesantes do patrimonio cultural popular. Transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, en moitos casos ao longo dos séculos,...
Carlos Baza, un neno feliz e imaxinativo, non é o que se di un bo alumno...: o seu alcume "Cabaza" dá fe diso. Certo día aparéceselle Al-Falfa, un xenio diminuto e de terceira categoría do que se fará...
«831-urb» é un exercicio arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse. Este libro de poesía foi gañador do XXVI Premio Johan Carballeira.
Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade...
Comba é unha nena moi espelida e moi peculiar. Acompañada do seu gato Chosquiño, gústalle recoller materiais de refugallo para darlles unha nova vida: fai lapiseiros cos frascos de mel, xoieiros con caixas...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.