Pantalla :
O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento...
A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como...
A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre....
«Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio...
¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante?...
Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo,...
Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora,...
O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino...
Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar...
Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe...
Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar...
Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques...
Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística...
Ultimamente en Internet non se fala doutra cousa. Toda a xente está pegada aos ordenadores, ás tabletas, aos móbiles... Toda a xente? Non. Aos Megatoxos semella que non lles afecta ese RETO que inunda...
O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. «Lingua, poder e adolescencia» quere contribuír a desvelar as causas do declive. Este libro de Miguel Rodríguez Carnota, que parte...
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu...
"Lapis na noite" bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do...
Santiago de Compostela, anos setenta. Ferven as revoltas universitarias. Está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da...
Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade,...
A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos.» Así acontece...
A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos,...
"Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."" Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia...
Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos...
María Casares (1922-1996). Galega. Actriz. Un mito do cine francés. Neste libro, a tamén actriz galega Sabela Hermida aborda a figura e o legado de María Casares, realizando unha retrospectiva da súa...
André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata...
Cinco anos despois da morte de Daniel Gluckmann, o xornalista Samuel Eirís recibe un encargo póstumo: completar a súa historia. Unha petición que o arrastrará de volta á Galicia actual e á Coruña do ano...
A comezos do século XIX, a vida transcorre lentamente na vila mariñeira da Guarda. Rosa, unha rapaza orfa e pobre, ve morrer a anciá señora á que coidaba e sente que todo o seu mundo se derruba. Un forasteiro,...
Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente...
Presentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestion escura e marxinal propia de especialistas, o certo é que o vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real...
«A árbore que dá as lágrimas de Shiva» nace da desposesión, de desaprender. Na visión do sagrado é templo a árbore, a pedra pintada, a máis delicada alfaia mogol. O poeta vive dentro de si o intemporal...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.