Ás veces o evidente semella ser o que ofrece máis dúbidas, ou o que se ve como un camiño incerto ou mesmo rexeitable. Iso é o que acontece, dende o meu punto de vista, cos plantexamentos ou coas propostas de relación entre Galicia e os países de fala portuguesa, nomeadamente o Brasil.
É certo que a forza centrípeta que ten exercido Bruxelas a través dos diferentes instrumentos políticos e xurídicos, e especialmente económicos (a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER), obrigou a dirixir á ollada cara a Unión, e crear vías rápidas, alonxadas da pausa e paciencias do camiño de peregrinación medieval, dirixidas con urxencia á converxer. Nese proceso houbo extraordinarios avances, inimaxinables mesmo para os máis euroescépticos; pero tanta premura conlevou asumir custes moi elevados, ou poderíase dicir, moi profundos; tanto, que chegaron ata os lameiros transitados polos últimos carros, ata as redes, os barcos, o leite, as vacas, as vides, ata a alma.
Esa vis attractiva pola europeización, retroalimentada institucionalmente, foi crecendo e ampliando o seu espectro, abrindo o paso a unha globalización galopante, indiscutida, e aceptada acriticamente polo status quo. A tradución deste proceso no sistema educativo sintetízase na palabra “internacionalización”, que se asentou no vocabulario dos tecnócratas, fixándose como obxectivo principal e irrenunciable de calquera política educativa. Mais ese termo serviu, en non poucas ocasións, para teledirixir políticas lingüísticas, culturais e tamén económicas, cara ámbitos naturalmente forzados e, polo tanto, que nos levaban a facer xestos forzosos, a dar pinchagatos no campo unha e outra vez.
Ao tempo que a lingua galega está a retroceder no uso, minorizándose o seu emprego en todos os niveis do ensino, quéresenos converter en angloparlantes, aspirando a que o inglés sexa a lingua vehicular. Poñendo, pois, a mirada naqueles mercados.
Ese proceso, en si mesmo, non ofrecería problema ningún, se no fose porque, como se apuntaba máis arriba, ten un custe de oportunidade, pois os recursos son limitados. O custe de oportunidade é un virar as costas ao eixo lusófono, e moi particularmente ao Brasil. Tense dito en moitas ocasións que Galicia é un pais periférico, pero iso supón unha ollada simplista, reducionista, e ata miope.
Claro, todo depende dos lentes con que se mire. Galicia é centralidade para quen saiba equilibrar a súa ollada, mobilizar o seu pescozo, e empregar en toda a súa extensión ás facultades de amplitude de xiro que ofrece a articular humana.
Sen deixar de mirar a Europa, eu diría que afondando nese ollar, é preciso nun xiro de 180 graos, mantendo o eixo no mesmo punto de apoio, en territorio galego, mirar con certa altura de miras a todo un continente cheo de posibilidades como é o Brasil, e cada unha das súas decenas de capitais. Únenos unha lingua (e todo o que iso conleva), un océano, o Atlántico, unha relación privilexiada con Portugal, e moitos intereses comúns dos que ambos polos podemos sacar proveito. Pero en todo caso, únenos algo natural.
O Congreso Euroamericano de Dereito e Política materializa o evidente, velaí a súa grande virtude, e por tanto, a dos seus creadores e organizadores. Xoga unha sorte de achega de bois entre Europa, a través do Campus de Ourense da Universidade de Vigo (UVigo), e o Brasil, máis en concreto, Nitéroi, a través da Universidade Federal Fluminense (UFF), constituíndose nun foro onde o debate flúe con naturalidade entre investigadores e investigadoras de aquí e de acolá, sobre temas relativos á actualidade e historia política, institucións xurídicas, conflitos sociais, problemas medioambientais, sobre desenvolvemento e sustentabilidade, sobre os dezasete obxectivos da UNESCO e as realidades de países diversos e distantes, os retos dos Dereito Humanos, sempre en perigo e nunca suficientemente protexidos, sobre dous continentes e as súas áreas de influencia. E todo se leva a cabo aquí, en Galicia, nun terreo neutro, sen embargo, non neutral.
Eu quixera agradecer, xa que logo, ao Comité Organizador deste II Congreso Euroamericano por todo o traballo realizado durante tantos meses para que a celebración desta edición fose un éxito, ata o punto de superar aquela primeira.
Ao Comité Científico polo labor de revisión e selección de todas as comunicacións entre todas as recibidas, o que nos permite contar cun libro de actas de enorme nivel e valor coma este. A todas e todos os investigadores que decidiron enviar os seus estudos e investigacións a este congreso e, finalmente, preparalas para que poidan ver a luz neste texto, do que tantos e tanto imos aprender.
Ás institucións que fan posible este Congreso e a publicación destas actas cun especial recoñecemento á Universidade de Vigo, a través do Campus de Ourense-Campus da Auga, ao que represento, e á Universidade Federal Fluminense, situada no Estado do Río de Janeiro, no municipio de Nitéroi, por ser o pilar firme, doutro lado do Atlántico, que estivo e está a turrar dos cables que permitan erguer esta ponte necesaria para o noso futuro.
Prólogo de Virxilio Rodríguez Vázquez.
Seguir leyendoexpand_more
Título : Instituciones político-jurídicas y desarrollo sostenible
EAN : 9788413241432
Editorial : Dykinson S.L.
Fecha de publicación
: 28/12/19
Formato : PDF
Tamaño del archivo : 8.29 mb
Protección : Adobe DRM
El libro electrónico Instituciones político-jurídicas y desarrollo sostenible está en formato PDF
protegido por Adobe DRM
- highlight_off
Este eBook no es compatible para su lectura en las aplicaciones Vivlio de iOs y Android.
- highlight_off
Este eBook no es compatible para leer en My Vivlio.
- highlight_off
Este eBook no es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook requerirá software propietario para ser leído en el e-reader. Además, el lector electrónico no permite adaptar el tamaño de letra a este formato.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta