Asistimos, aínda con incredulidade, a un proceso de desmantelamento do servizo público de educación a través dunha acción política que combina a aplicación de medidas de restrición económica con propostas normativas de carácter contrarreformista. Aqueles "axustes" aparentemente coxunturais revélanse omo elementos primarios dunha mudanza estrutural no ámbito da educación, que pon en perigo os dereitos e as aspiracións da cidadanía nun horizonte de maior xustiza social.
Cómpre, xa que logo, poñerse mans á obra e saír ao paso con datos e argumentos que cuestionen as accións e o discurso dominante, mesmo coa intencionalidade de promovermos unha aposta non só defensiva, ao pairo do que vén -ou da que está caendo- senón co propósito de formularmos elementos diverxentes e alternativos, nunha liña propositiva e aberta ao debate educativo e social.
Na balbordo das reaccións que as políticas neocon suscitan na cidadanía e inmersos na caótica tramitación dunha nova reforma educativa da envergadura da LOMCE, á que previsiblemente seguirán anunciadas mudanzas no ámbito universitario e no conxunto do sistema, as distintas achegas que conforman este libro pretenden poñer o foco naqueles elementos que constitúen agora mesmo o albo da acción contrarreformista.
Trátase dunha obra colectiva que pretende axudar a manter activo o debate e a mobilización cidadá a prol da conquista democrática que representa a educación pública.
Seguir leyendoexpand_more
Título : A educacion: dereito ou mercadoria?
EAN : 9788484872528
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 1/1/13
Formato : PDF
Tamaño del archivo : 4.99 mb
Protección : Adobe DRM
El libro electrónico A educacion: dereito ou mercadoria? está en formato PDF
protegido por Adobe DRM
- highlight_off
Este eBook no es compatible para su lectura en las aplicaciones Vivlio de iOs y Android.
- highlight_off
Este eBook no es compatible para leer en My Vivlio.
- highlight_off
Este eBook no es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook requerirá software propietario para ser leído en el e-reader. Además, el lector electrónico no permite adaptar el tamaño de letra a este formato.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta