Algúns dos dez traballos de Antón Figueroa recollidos neste libro foron publicados orixinalmente en lugares de acceso non sempre doado para os interesados na súa lectura ou consulta.
O criterio activado polo equipo editor para a efectuar a selección transcendeu, con todo, tal singularidade e procurou a representatividade e o interese específicos dos asuntos abordados desde unha perspectiva actual.
Neste sentido, pode afirmarse que os textos aquí compilados supoñen unha escolma fidedigna e cabal do pensamento de Antón Figueroa e do conxunto das súas investigacións. A súa lectura evidencia a gran coherencia heurística, epistemolóxica e crítica –no sentido máis amplo do termo– que arrincaba en 1988 con Diglosia e texto e alcanza as últimas publicacións do autor. Entre elas, Ideoloxía e autonomia no campo literario galego (Laiovento, 2010) e “Le processos d’autonomisation et l’évolution des fonctions des rapports extérieurs dans les littératures minoritaires. Le cas galicien” (en A. Boschetti, dir., L’Espace culturel transnational, 2010).
Figueroa regresa nos artigos agora compilados sobre cuestión anticipadas noutros ensaios pero faino sempre con perspectivas anovadoras que dilatan a especificidade analizada e contrastan a súa entidade con novas conceptualizacións e novos fundamentos metodolóxicos, permanentemente sometidos a revisión e a un principio de reflexividade. Este último atinxe ante todo ao suxeito que analisa e describe a realidade social e cultural da que pretende dar conta.
Por isto mesmo resulta de máxima funcionalidade como peche do volume a entrevista que o equipo editor deste volume mantivo co profesor en torno a unha autoanálise aplicada sen restricións cronolóxicas nin de ningunha outra índole.
Seguir leyendoexpand_more
Título : Marxes e centros
EAN : 9788484872962
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 24/8/15
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 3.48 mb
Protección : CARE
El libro electrónico Marxes e centros está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta