Os acordos da Organización Mundial do Comercio e os Tratados de Libre
Comercio bilaterais ou rexionais responden á lóxica xeopolítica da
expansión mundial do capitalismo, permitindo que as transnacionais e
os conglomerados fi nanceiros conten cun sistema universal de control
económico, a través de obras de enxeñería xurídica que operan como
un búnker contra todo aquelo que cuestione ás regras do libre mercado.
O Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP), en negociación
opaca pola Unión Europea e os Estados Unidos, responde a esa
lóxica, en que se inclúe o Acordo Económico e Comercial Global (CETA)
xa negociado –tamén con total opacidade– pola Unión Europea e Canadá.
A súa aprobación implicará un golpe brutal á soberanía dos Estados
(moitos deles xa intervidos economicamente), ao quedar supeditada aos
desexos das transnacionais (blindadas con medios privados de solución
de confl itos ad hoc), provocando ademais un retroceso inédito nos nosos
dereitos económicos, sociais, alimentarios e ambientais máis elementais e
unha nova xeira de privatizacións e depredacións do Público.
Para Galiza, nación sen Estado, é un novo perigo na resolución dos
nosos problemas desde a nosa propia capacidade de decisión e para vivirmos
das nosas propias riquezas. Un cabalo de troia ao que se enfronta
este libro con argumentos críticos á lóxica xeopolítica da globalización do
capitalismo (imperialismo) e cimentados na aposta democrática do dereito
a decidir das persoas e dos pobos en que estas se integran (soberanía).
Seguir leyendoexpand_more
Título : O ttip: un cabalo de Troia contra a nosa soberanía
EAN : 9788484873433
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 22/11/16
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 1.54 mb
Protección : CARE
El libro electrónico O ttip: un cabalo de Troia contra a nosa soberanía está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta