Annette Meakin (Bristol, 1867 – Essex, 1959) tivo unha vida e unha formación cosmopolita. O seu pai traballaba nunha plantación de té na India e fundou un xornal en Tánxer, e ela formouse en Inglaterra e en Alemaña, onde estudou música. Foi autora de varios libros de viaxes, como A Ribbon of Iron, onde relatou a súa experiencia e a da súa nai como as primeiras mulleres inglesas que viaxaron ao Xapón en 1900, no ferrocarril transiberiano.
O 12 de xaneiro de 1907, Annette Meakin chega ao porto da Coruña dende Southampton, coa idea de escribir sobre “o menos coñecido dos reinos de España”. Os seus textos e imaxes ofrecen un percorrido histórico, xeográfico e etnográfico, e publicáronse ao ano seguinte nun libro que...
Más información