Lito García Lago (Reboredo-Esteiro, 1957). Perito industrial. Licenciado en Xeografía e Historia e Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Desempeña a súa actividade profesional como Operador de Posprodución na Televisión de Galicia.
Estas estampas que tes na man, amable lector, son regatos dun río moito máis caudaloso. Un traballo moi extenso –de divulgación máis que un ensaio puro e duro–, unha crónica política arredor dos anos oitenta. Unha década intensa –quizais todas as son– mais aquela que se inaugurou...
Más información