Pablo Fernández Barba (Madrid, 1976) é profesor de Física e Química en Noia dende hai case vinte anos. Por un proceso de osmose inversa, mudou a súa lingua de expresión oral polo galego, pero pasou de freada e rematou por abrazala tamén como vehículo de expresión literaria. En 2016 publicou a súa primeira novela, Transición, pola que levou o premio Vicente Risco, algúns cartos e un bo feixe de paus, aínda que ninguén lle dixo que non soubese escribir. Malia todo, en 2020 Edicións Morgante publicoulle a novela O día que lle puxen lume á libraría de vello.
A decisión de abandonar Madrid para sempre presentóuseme en forma de epifanía unha mañá de inverno, mediados os anos noventa do século pasado. 1995, creo. Mes de marzo, probablemente. A iso das 8:45. Estación de Barrio de La Concepción. Liña 7. Cor laranxa. Chovía. Que xa é mala...
Más información