Samuel Merino (aka pompa e boato) —Mos (Pontevedra) 1982— é un creador que, na actualidade, desenvolve o seu labor arredor dunha poética na que se aprecia a pegada indeleble da súa formación en filosofía.
Cada texto seu semella unha ferida que cicatriza colectivamente no momento en que é levada pola súa voz ao encontro co público.
Sempre ten présa, é inseparable do seu can e é doado velos pasear xuntos polo Porriño. É posible que os trens que atravesan a vila polo paso a nivel que está ao carón da súa casa transporten o carácter autorreferencial da súa obra onde queira que vaian.
Ata o de agora ten publicados dous poemarios en castelán: Enésima patada con amor (2019) e Trementina (2021) e un en lingua galega: Guantanamera. Poema nun só acto (2021).
Con esta hoz es un libro que alberga varios libros en sí mismo y ofrece múltiples lecturas. Samuel Merino nos presenta un poema horizontal fragmentado por un ensayo poético. Al igual que la hoz es una herramienta para la siega de gramíneas, la escritura de Samuel se corta a sí misma...
Más información