Esta novela, que ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, consegue xuntar os personaxes de Ramón Piñeiro e de Castelao coa intención de que afronten a verdade do que...
A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada...
Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con...
Un antigo escravo lusitano, xa coñecido, acode á aldea gala na procura dos poderosos efectos da poción máxica. Para Astérix e Obélix comeza unha nova viaxe e unha nova aventura!
Brava, unha simpática cadela do refuxio, só ten dous defectos coñecidos: roubar todo o pan que ulisca preto dela e saír lixeira tras as furgonetas que o reparten. Aínda así, Lira e os seus fillos, Alba...
Ás tres menos vinte da madrugada do xoves 11 de outubro de 1990 Filucha pousou a súa copa na barra dun local das aforas de Santiago e dixo que era mellor marchar porque había exame á segunda hora. Xiao...
Na era glacial, os Países Temperados pecháronlles as fronteiras aos emigrantes climáticos. A neve sepultou toda esperanza. E mentres os cidadáns lexítimos son controlados por asistentes persoais, os parias...
Esta é a historia de Carola, unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede cando as...
«Lume. Análise social dos incendios forestais» é un libro de plena actualidade, que aborda o enorme problema que supoñen os incendios forestais e propón a necesidade de deseñar estratexias de xestión...
«A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, unha invernía salvaxe onde non chegan as leis dos homes. Manuel Esteban comparte con nós...
Queco é un can vello e roñón que vive desde hai tempo na casa de Sara e Lara. Kika é unha cadela alegre e rebuldeira que acaba de ser adoptada pola parella. Queco está aborrecido coa chegada da nova inquilina....
Chega a Hora do Conto. A Elba gústanlle os Contos de Felices Soños que lle le o seu pai antes de durmir e os Contos dos Domingos que relata a avoa Merliña na vella biblioteca. Cando chega o Nadal, pide...
O videoclip do «Thriller» de Michael Jackson rebentou as pantallas televisivas do rural galego no Nadal de 1983. Foi entón cando Francisco, para gañar a popularidade que nunca antes tivera, se rebautizou...
Esencias da Sabedoría é unha viaxe espiritual e filosófica a través das múltiples facetas da alma humana. Nesta recompilación profunda e meditativa, Aldivan Torres convídanos a percorrer un camiño de...
Display:
Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer....
Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío...
Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun...
As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes....
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista...
Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Arantza Portabales inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo. A inspectora Iria Santaclara,...
«A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo...
«Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita...
Cóntase, ao longo das súas 60 páxinas ilustradas, a historia da nosa lingua. É un libro de divulgación, cun enfoque humorístico e rigoroso, que, xunto ás ilustracións a dobre páxina e a toda cor, se fai...
Editorial Galaxia publica Ollos de auga, novela coa que Domingo Villar inicia a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense,...
A pesar da súa brevidade é unha obra moi grande.
Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar...
Dúas vidas que se cruzan de madrugada a través das redes. Un rapaz e unha rapaza que se entregan a un xogo misterioso: compartir os seus soños, as súas ilusións e os seus temores, pero non a súa identidade....
Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos. Todo indica que se trata...
O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia...
A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto...
Cando Liliam Strawberry contaba con catro anos faleceu e, tres días despois, no medio dunha treboada, apareceu viva diante da súa casa. Por este feito excepcional é coñecida en toda Tanzana e máis alá....
Francisco Fernández del Riego propón nesta obra unha ampla e vizosa viaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións co fío argumental que lle brindan uns amigos bretóns que veñen visitar o noso...
A integración das linguas rexionais ou minoritarias no Espazo Europeo da Educación Superior. O galego como caso de estudo presenta unha análise en profundidade dos datos recibidos en resposta a un cuestionario...
O oso Pomodoro vive tranquilo nunha pequena casa de cor vainilla rodeada de ducias de maceiras que coida con esmero cada día. Polas mañás, colle a súa cesta chea de mazás e fai repartimento entre a veciñanza....
No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da...
Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos...
Na nosa aldea, Arcos de Valdeorras, como en tantos centos delas do noso país, a cociña da casa converteuse desde a antigüidade no centro de reunión dos veciños e veciñas máis próximos, cara ao anoitecer,...
A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia...
It may not be available for sale in your country, but exclusively for sale from an account domiciled in France.
If the redirection does not happen automatically, click on this link.