Francisco Fernández del Riego propón nesta obra unha ampla e vizosa viaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións co fío argumental que lle brindan uns amigos bretóns que veñen visitar o noso país e reciben a hospitalidade e a clarividencia do seu anfitrión.
«Galicia» sitúase na liña da vella tradición de Vicente Risco, de Ramón Otero Pedrayo, de Álvaro Cunqueiro ou de Xosé María Castroviejo, pero non esquece a memoria dos antigos viaxeiros ilustrados que nos visitaron (Borrow, Ford) e que deixaron por escrito as experiencias do seu camiñar pola nosa terra.
«Foi o mestre Otero Pedrayo quen me abriu de par en par as portas do mundo xeográfico deste país noso. Quen me presentou primeiro a descrición física e humana, a realidade monumental, as notas do proceso histórico. Despois, os variados itinerarios que para coñecer Galicia na súa esencialidade cumpría percorrer. Otero Pedrayo, que era un animador inmenso, desenvolvéndose en múltiples campos da cultura, foi quen espertou en min o afán por coñecer Galicia toda como viaxeiro, como camiñante.» Francisco Fernández del Riego.
Seguir leyendoexpand_more
Título : Galicia
EAN : 9788411102988
Editorial : Edicións Xerais
Fecha de publicación
: 16/3/23
Formato : ePub
Tamaño del archivo : Desconocido
Protección : CARE
El libro electrónico Galicia está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta