Pantalla :
Debido a un erro administrativo, Nico é chamado a filas a pesar de ter só once anos. O seu país está en guerra e precisa soldados, así que resulta difícil desfacer o malentendido. Que consecuencias terá...
A vida pode cambiar nun só día. Que digo nun día! Nunha hora, nun minuto ou mesmo nun segundo. Iso é o que lle pasou a Gabriel e iso é o que che pode pasar a ti se te atreves a camiñar polas páxinas deste...
Laura sempre foi unha nena alegre, forte e valente, pero ultimamente as cousas non lle van demasiado ben: sente que cada vez son máis os días grises e comeza a dubidar de todo, incluso dela mesma. Menos...
«Habitar as fendas» é unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. Interpela a quen le confrontándoo a unha violencia incómoda e ás distintas capas do sufrimento. Tece un diálogo...
«Vencerse é cousa de se tratar.» Este verso da escritora Xela Arias é o xermolo da historia dun grupo de rapazas que son quen de superar todos os atrancos que xorden na súa vida persoal e no instituto...
Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica no condado de Monterrei. O licenciado Xoán de Freixedo será...
Aimé Fernand David Césaire (1913-2008), poeta, dramaturgo, ensaísta, intelectual e home político francés, nace na Martinica, no municipio de Basse Pointe, bordeado pola lambida histérica do océano atlántico,...
“Comecei a escribir “Nura” un serán de inverno, en Macaret, arrodeado de velas e co Requiem de Mozart a todo volume. “Nura” é o nome que lle puxeron os fenicios a Menorca e significa “Terra de lume”....
Unha familia americana múdase ó castelo de Canterville, un lugar que, como todo o mundo sabe, está encantado. A pantasma dun nobre inglés deambula polo castelo e trata de facerlles a vida imposible ós...
Dotado dun fino humor negro, dunha curiosa retranca e mais dunha forte imaxinación, os relatos de Kosztolányi chegan a ser universais partindo do local. Describe a vida centroeuropea de entreguerras,...
Intelixente, rica e fermosa, Emma Woodhouse non precisa marido, pero resúltalle divertido facer de casamenteira para as súas amizades. Ata que a súa confidente Harriet Smith decide casar, e os seus enredos...
Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga. Lawen é distinta das...
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor,...
Unha biografía divulgativa sobre Francisco Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023. Un libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX.A historia dunha persoa...
Esta antoloxía agrupa máis de trinta poemas representativos de Walt Whitman, tanto no tocante á temática coma ó tratamento, e que poden resultar de interese para a mocidade. O poeta interpelaravos e verédesvos...
Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade.
Lume branco escolma os poemas dos últimos anos de vida de Antonia Pozzi, escritos entre os anos 1935 e 1938. Unha poesía que dá conta da súa intelixencia, a súa sensibilidade e a súa bagaxe intelectual....
Esta antología agrupa más de treinta poemas representativos de Walt Whitman, con respecto a su temática y tratamiento, y que pueden resultar de interés para la juventud. El poeta os interpelará y os veréis...
Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía á mocidade....
Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde...
A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa...
Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia...
Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese, pero tampouco acabaría pasando a noite con Mariña,...
O Pensador, o Picas, Lilibeth e o Sir son amigos e compañeiros de instituto; como xa cursaron xuntos infantil e primaria, coñécense á perfección. Por ese motivo, cando na clase de 3º D empezan a desaparecer...
Joe e Sylvia foxen en busca de aventura e dos snergs, unhas pequenas criaturas que viven no bosque. Así atoparán non só a Gorbo o snerg, senón tamén reis, cabaleiros, ogros e unha bruxa malvada que intenta...
Unha cuadrilla de nenos das aforas de París divírtese cun vello cabalo con rodas ó que lle falta a cabeza e co que se lanzan rúa abaixo a toda velocidade. Cando uns tipos sospeitosos lle ofrecen unha...
Kalle Blomkvist naceu para ser detective e, malia que só ten trece anos, controla todo o que sucede na pequena vila de Lillköping. Xunto a Anders e Eva-Lotta pasa o verán enredado nunha batalla contra...
A noite na que Ronia, a filla do bandoleiro, veu ó mundo, houbo unha tronada tan forte sobre as montañas que o castelo de Mattis quedou dividido en dúas partes, separadas por un precipicio. A súa vida...
Matthew e Marilla Cuthbert, irmáns de mediana idade, pretenden adoptar un neno que os axude coa granxa.
Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar. Unha noite, Lía foxe...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.