Pantalla :
O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está prohibido agocha, en si mesmo, a orixe primeira que ilumina o sendeiro que hai que percorrer, cuxo trazado delictivo queda fóra das...
Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e,...
Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscas acesas debaixo da borralla. A medio camiño entre a novela e o libro de relatos, Ramón Vilar Landeira ofrécenos unha narración ateigada...
Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo...
Unha ollada galega e orixinal da historia da literatura infantil e xuvenil. Por que o lobo debe seguir comendo á Carapuchiña? Era Alicia unha nena burguesa? Contra a absurda concepción de opoñer unha...
Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba...
Ramón D. Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que lle envíen unha imaxe da súa autoría. A que escollan. A que máis rabia lles dea. O obxectivo é argallar...
Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, honesta e obxectiva, en «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» Alberte Blanco Casal enfoca a crise do mundo actual...
Non sorprende o Isaac Díaz Pardo pintor, ceramista, deseñador, editor... pero, o poeta? Coa súa personalidade de creador infatigable e animador titánico, Isaac foi tamén un prolífico escritor, aínda que...
Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas. Namorada dela, sabe que as circunstancias da fermosa pintora, viúva recente, non facilitan as súas...
A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade,...
«Os paxaros e outros poemas» é unha indagación e un dó, unha elexía e un axuste de contas, un pasmo e unha luz ferida. A escrita detense na materia. Trata da lama e do dereito á beleza. Investiga a textura...
Marguerite Duras afirmaba que o que lle doe dos libros e que nonm son libres por estar fabricados, organizados. Pois ben este libro si é un pouco máis libre xa que realizado de maniera automática e remitindo...
En As cousas do Fuco o autor retrátanos a vida dun neno que tiña que axudar nos traballos agrícolas dos seus pais como realidade social no mundo rural da Galicia profunda a finais dos...
As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen...
Os abrazos son de cor verde e crían bolboretas. Son simbióticos e soan a ritmo de rock. Veñen sen instrucións de uso, pero teñen uns pasos moi claros e marcados. Son flexibles e adaptables, sempre emocionais....
En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia...
Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Letras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral...
Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable...
Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta, en longas conversas, as circunstancias que ambos os dous viviron desde mozos. Manuel é un profesor...
Un cabaliño/ de dúas patas/ que conta contos,/ que canta nanas,/ que trota en risas/ por toda a casa,/ que me dá bicos/ e que me abraza. «Garabitolas» son poemas e brincadelas para ler en voz alta e xogar...
A profe Lola/ trouxo froita para a escola... Un libro de aprendizaxe temperá con vistosas fotografías e un texto simple e rimado para recoñecer as froitas e as súas cores e aprender como se denominan...
O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio. É posible que a súa veciña sexa algo máis ca unha...
Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería...
Para Chiqui, todo comezou cunha bala. Mais antes, para que ela chegase a existir, foi precisa a emigración a Venezuela de finais dos cincuenta: destinos cruzados desexando sucar o océano a bordo de barcos...
Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da...
Unha nena está desexando explorar o parque infantil que abriron ás aforas da vila. Mentres xoga, encontra por casualidade un boneco enterrado. É un soldado de porcelana que lle conta que viviu na vila...
Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa...
A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos...
Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.