Pantalla :
Onde se sitúan as orixes dos galegos? É esta unha pregunta á que se lle deron respostas moi diferentes dende hai máis dun século e medio. Segundo a época en que nos situemos, os celtas, os castrexos ou...
Magnífico orador, Xabier P. DoCampo posuía unha especial mestría para relatar historias a viva voz. «As historias que máis me gustan son as que naceron para seren contadas oralmente», dicía; e así se...
En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares...
«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da...
En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres...
A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión...
Narrador: «Non podo contarche de que vai este libro. Non insistas. De calquera xeito, aínda que o fixese sería inútil. Vas ler o libro, é o teu destino». Demo Maior: «Benvida, alma, ao comezo dunha nova...
«A guerra era contra nós» é unha visión metafórica, poética e mítica da humanidade que se constrúe como un compendio de premonicións, relatos e lendas que explique o porqué, o como, o para que do pasado,...
"Onde nacen as hedras" é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono. Os poemas sitúannos no lugar do oráculo que todo o ve, desde os sinais...
«Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio...
A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse...
«Denuncia do equilibrio», publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior...
Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os...
Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística...
Ultimamente en Internet non se fala doutra cousa. Toda a xente está pegada aos ordenadores, ás tabletas, aos móbiles... Toda a xente? Non. Aos Megatoxos semella que non lles afecta ese RETO que inunda...
«A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia contemporánea. Partindo dunha óptica común, inténtase comprender a sociedade a través dos conflitos...
«Cancións» contén as letras que Xela Arias escribiu para o grupo de rock vigués Desertores na segunda metade da década dos anos 80 e un CD da banda gravado en xullo de 2021 que reúne todos os temas escritos...
O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. «Lingua, poder e adolescencia» quere contribuír a desvelar as causas do declive. Este libro de Miguel Rodríguez Carnota, que parte...
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu...
«Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento...
O corazón de Percy B. Shelley, poeta romántico inglés, é un dos protagonistas deste libro. Despois dunha morte por afogamento e de pasar varios días no mar, as amizades conseguen incinerar o escritor,...
"Órbita" recolle as voltas da intimidade contra o Universo, o baile que non se deixa guiar, implacable. As viraxes dunha década peneirando a luz ata o punto certo. Afiando a lixa para queimar o veo. Nunha...
Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso Alba de groria nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista...
Poden dúas persoas á deriva salvarse mutuamente? Pode a necesidade de amar e ser amado abondar para sobrevivir cando a burbulla da felicidade estalou en mil anacos? Grace e Frank son dous superviventes...
Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán...
Santiago de Compostela, anos setenta. Ferven as revoltas universitarias. Está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da...
A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos.» Así acontece...
Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos...
María Casares (1922-1996). Galega. Actriz. Un mito do cine francés. Neste libro, a tamén actriz galega Sabela Hermida aborda a figura e o legado de María Casares, realizando unha retrospectiva da súa...
Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.