Pantalla :
Un libro divulgativo sobre a vida e a obra da autora das Letras Galegas 2021. Unha poeta apaixonada pola contemporaneidade. Unha biografía que parte da voz da propia Xela Arias. Unha traxectoria marcada...
A policía de Oregón atopa unha parella de cadáveres no interior dunha nave industrial abandonada. O home negro está axeonllado no chan colocando as últimas novidades en primeira liña da manta. Nelson,...
Un libro para divulgar a nosa cultura popular. Unha manchea de mitos, lendas, ritos, contos, saberes e sucedidos. Unha guía de campo dos lugares singulares. Contos, tesouros, lendas urbanas, prodixios,...
En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na...
Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli...
O xornalista que levanta acta da peor das mareas negras, o adolescente que se converterá no caddie preferido daquel Franco que ía xogar ao Club de Golf da Zapateira, o escuro funcionario de xulgado que...
Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí...
Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na...
O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para...
Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres...
Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela,...
O dobrón de a oito narra as aventuras do rapaz Martiño de Santadrán na Galicia da segunda metade do século XVIII, cando o antigo réxime estaba a esmorecer e polo país adiante medraba tanto a inseguridade...
Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas...
Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviadas desde Roma polo seu vello amigo e antigo xornalista Francisco Bouzón. Acuña e Bouzón forxaran...
Liquidación de existencias contén historias que aparentan estar collidas das rúas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan cómicas e tan absurdas que abalan entre a empatía e o...
Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta...
O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos...
Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal... Pero polo visto o asunto...
Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio. Marisa, muller afouta e tenaz, non vai permitir que os erros da mocidade nin os prexuízos...
De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas...
Ismael, o coxiño, o fillo da Rosaura da casa dos Boullosas, pasou aos catorce anos da escola de Andrade á de Santomé, onde aprendeu o manexo da tesoira e da agulla, habilidades propias do oficio de xastre....
dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia. O cotián, desde a tenrura e a lucidez dunha nena, vai amparado a figura totémica...
Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto...
Con Unha historia que non vou contar, o sempre agardado escritor Cid Cabido retorna á actualidade cunha novela que cuestiona os moldes da propia ficción. Dinamitando os cimentos da novela e partindo dun...
A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas.
Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha...
Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía....
Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre todo, das personaxes, fronte a outro tipo de tramas. Dentro das propiedades das que emerxen as...
Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)»,...
No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista. Décadas despois, un...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.