Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre todo, das personaxes, fronte a outro tipo de tramas. Dentro das propiedades das que emerxen as protagonistas ten especial relevancia a de xénero. Ser rexistradas como personaxes mulleres activa outros trazos satélites que as dotan dun atractivo especial para a arte.
A marxinación, a anomalía, a cuantificación do corpo, pero tamén a loita, é dicir, a construción dunha identidade en conflito, abren un espazo para o insólito e permiten un percorrido argumental complexo. Mais tamén nos enfrontan a unha dupla condición ontolóxica: ser muller, como ser personaxe de ficción, é ser algo, un obxecto que emerxe dunha serie de inscricións e que forma parte da realidade, aínda que as inscricións sexan sociais. De feito, a abundancia de protagonistas femininas que se dedican ao traballo artístico emparella a emerxencia das mulleres e das personaxes, xa que as dúas son obxectos sociais, non naturais, sen que isto supoña que non teñan a mesma dignidade na súa existencia. Deste xeito, desde o punto de vista da ontoloxía da arte e do novo realismo analízanse os tipos de obxectos ficcionais femininos que aparecen na narrativa galega do século XXI e as inscricións das que xorden, desde a convicción de que as personaxes, tamén os personaxes, existen.
Seguir leyendoexpand_more
Título : A materialidade das fillas de Lupa
EAN : 9788411101721
Editorial : Edicións Xerais
Fecha de publicación
: 8/9/22
Formato : ePub
Tamaño del archivo : Desconocido
Protección : CARE
El libro electrónico A materialidade das fillas de Lupa está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta