Manuel María
Despois de don Ramón Otero Pedrayo, a figura máis patriarcal da
intelectualidade galega é, sen dúbida ningunha, Manuel María. Este
prolífico escritor e altísimo poeta ocupa un lugar excepcional dentro
das letras galegas, por razóns literarias e extra-literarias. Manuel María
é o primeiro poeta mozo que se revela na posguerra, o autor máis
fecundo da literatura galega das últimas décadas, unha das personalidades
máis destacadas da cultura galega actual e o escritor que máis
se afirmou no compromiso político co país e que mellor entronca o
nacionalismo galego de hoxe co galeguismo histórico.
Formado culturalmente nun mundo rural que xa desapareceu e
nas tertulias dos cafés onde poñían cátedra de amor a Galiza os vellos
galeguistas, este autor iniciou a súa obra literaria aos dezanove
anos, cando o idioma galego estaba proscrito, nunha época en que
só o feito de escribir en lingua galega era xa un acto subversivo.
Así, baixo o enorme lousón da ditadura franquista, foron nacendo
os seus libros de poesía, narración e teatro, os recitais poéticos por
todo o país e fóra de Galiza, os seus ensaios e as súas múltiples
conferencias e colaboracións xornalísticas, converténdose moi axiña
na voz máis representativa da Xeración dos 50 e nun dos poetas galegos
máis importantes deste século. Tamén, pouco a pouco, o escritor
vai asumindo un maior compromiso político coa súa nación,
sendo un dos mozos que rompe co piñeirismo e que participa activamente
desde os anos sesenta na reorganización do nacionalismo,
chegando incluso a ser concelleiro e candidato ao Senado.
Seguir leyendoexpand_more
Título : SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)
EAN : 9788484872863
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 15/8/10
Formato : PDF
Tamaño del archivo : 3.09 mb
Protección : Adobe DRM
El libro electrónico SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995) está en formato PDF
protegido por Adobe DRM
- highlight_off
Este eBook no es compatible para su lectura en las aplicaciones Vivlio de iOs y Android.
- highlight_off
Este eBook no es compatible para leer en My Vivlio.
- highlight_off
Este eBook no es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook requerirá software propietario para ser leído en el e-reader. Además, el lector electrónico no permite adaptar el tamaño de letra a este formato.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta