Ao seu xeito este ensaio é unha viaxe no tempo. Unha viaxe que comeza na Grecia clásica e as súas achegas ao noso mundo: o nacemento do pensamento abstracto, do dereito e do público: un espazo baleiro no centro das súas cidades onde os cidadáns se despoxaban de parte dos seus dereitos que cedían a favor da convención. Tamén nacen os impostos modernos, concibidos como convención e afastados da servidume. Naceu o público, o home aristotélico como ser social e a república cidadá. Hoxe a esfera privada é fustrigada e comprimida polo público. O teatro grego, onde os cidadáns teñen cómoda visión da escena pública áchase substituído polo Panóptico de Bentham, onde un Grande Irmán observa dende o centro arquitectónico as celas e galerías onde habitan os privados.
Como Raiola de Cortazar, pode ser lido de principio a fin. Pero tamén pode empezar por ‘O Paradoxo de Kaolin’, seguir con ‘Emerson, Lake & Pálmer’ e volver ao principio. Ou a Ockham, para descubrir o dereito subxectivo, e de volta a Grecia, á república cidadá e rematar con Kant: a súa formulación da autonomía privada.
Pero todas as múltiples combinacións posibles para a súa lectura lle devolverán á idade media, despoxado dos seus dereito subxectivos; a séculos da tradición republicana. Se ademais é vostede traballador do naval, socio dun estaleiro ou investidor que axudou á industria naval galega, fágame caso: sáltese o capítulo dedicado ao Sr. Almunia, ‘O bordel da estrada’.
Ou léao, pero tómese unha aspirina.
Seguir leyendoexpand_more
Título : A VERDADE XURÍDICA, O PENSAMENTO ZOMBI E A TRADICIÓN REPUBLICANA
EAN : 9788484872948
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 30/1/15
Formato : PDF
Tamaño del archivo : 10.11 mb
Protección : Adobe DRM
El libro electrónico A VERDADE XURÍDICA, O PENSAMENTO ZOMBI E A TRADICIÓN REPUBLICANA está en formato PDF
protegido por Adobe DRM
- highlight_off
Este eBook no es compatible para su lectura en las aplicaciones Vivlio de iOs y Android.
- highlight_off
Este eBook no es compatible para leer en My Vivlio.
- highlight_off
Este eBook no es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook requerirá software propietario para ser leído en el e-reader. Además, el lector electrónico no permite adaptar el tamaño de letra a este formato.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta