“Este libro fala do que non se pode dicir, nin divulgar: temos unha monarquía
corrupta, cunha tradición de reis e raíñas implicados en negocios,
que utilizaron o trono para o seu enriquecemento. O rei Juan Carlos era
o “jefe” da trama corrupta do Instituto Nóos, onde están implicados Iñaki
Urdangarín e a súa esposa, a infanta Cristina.
Temos unha monarquía caduca, desprestixiada, que non ten futuro e
que non foi elixida polo pobo. A chamada dinastía borbónica non existe
e ten pouco de exemplar. Dadas as numerosas relacións de reis e raíñas
con amantes é moi difícil saber quen é o pai ou a nai de moitas infantas
e infantes. O rei Alfonso XII, coñecido como “El Puigmoltejo”, non era
fillo de Francisco de Asis de Borbón y Borbón, esposo da raíña Isabel II,
senón de Enrique Puigmoltó i Mayans, tenente de enxeñeiros.
O que cualifican moitos libros de historia como o “Réxime”, que tivemos
de 1936 a 1977, foi en realidade unha ditadura criminal, equiparábel,
segundo a ONU, á Alemaña nazi e a Italia fascista de Mussolini. Foi o
ditador Franco quen elixiu a Juan Carlos en 1969 como o seu sucesor e o
futuro rei xurou fidelidade ao Caudillo Franco e ás leis da ditadura.
Cando se cumpriron xa corenta anos da morte do ditador, aínda quedan
moitos restos do franquismo, como o pazo de Meirás e unha gran
fortuna da familia Franco. Unha Fundación, que recibe fondos públicos
para lembrar e enaltecer a figura do ditador. Simboloxía fascista por todo
o Estado e 150.000 persoas vítimas da represión continúan en cunetas e
foxas. Permanecen as distincións honoríficas e títulos nobiliarios a golpistas
e criminais, que se sentaron nos consellos de ministros presididos
por Franco.
Mentres tanto, Felipe VI, o mesmo que o rei Juan Carlos, aínda non
condenou a ditadura franquista. Está en marcha a Querela Arxentina para
xulgar os crimes do franquismo, que gozan aquí de impunidade porque,
en virtude do pacto da Transición, os sucesivos gobernos de UCD, PSOE
e PP interpretaron a Lei de Amnistía de 1977 como unha lei de punto
final.”
Manuel Monge
Seguir leyendoexpand_more
Título : OS BORBÓNS: UNHA MONARQUÍA ESCANDALOSA
EAN : 9788484873129
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 29/3/16
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 1.14 mb
Protección : CARE
El libro electrónico OS BORBÓNS: UNHA MONARQUÍA ESCANDALOSA está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta