“Entre santos e navallas”, porque Manuel María gustaba coleccionar
navallas que arestora adóitase dicir de “multiuso”, incorporados a elas
abridor de latas de conservas e mesmo tesouriñas para cortaren as
unllas. Nas ferretarías de Parga, á carreiriña dun can de Outeiro de
Rei, ten mercado o rapaz máis dunha, e anos despois, en Lugo, cando
podía, ía procurar algunha á Cuchillería Aquilino, na rúa de San Pedro,
que xa eran máis finas, con mangos ou cachas de nácara. Tamén
adquiríu as de Taramundi. O dos santos –nos que era moi versado
en vidas e milagres–, cecais lle chegara da man do tío crego, párroco
da igrexa de San Froilán, enfronte do cuartel de San Fernando, polos
anos 50 do pasado século, logo do “pacto” cos ianquis, cando Eisenhower
paseara canda Franco pola Castellana. Do patrón lugués, coñecía
os seus andares cal se andivese canda el ou mesmo tiver algún
xeito de comunicación divina.
Seguir leyendoexpand_more
Título : Manuel María: entre santos e navallas
EAN : 9788484873297
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 7/7/16
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 6.89 mb
Protección : CARE
El libro electrónico Manuel María: entre santos e navallas está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta