Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre os
máis relevantes valores da Galiza. Relacións que darían lugar a iniciativas
de grande e decisiva importancia, caso das Hirmandades dos Amigos da
Fala. Unha organización que, desde o seu nacemento na primavera do
1916, reivindicaría a identidade nacional da Galiza, a partir da defensa do
idioma propio do noso país nun tempo no que a lingua galega ficaba fóra
da legalidade (española) imperante.
Na presente monografía apreséntase unha ampla visión do que foron e
representaron as coñecidas, popularmente, como Irmandades da Fala;
partindo do contexto no que estas foron creadas e no que agromaron de
xeito vizoso. E facémolo como homenaxe ás Irmandades no marco do
centenario da creación das mesmas (1916-2016).
Diante desta efeméride agardamos contribuír a socializar unha panorámica,
o máis ampla posíbel, de como se xestaron e o que significaron para
o país as Irmandades da Fala. Socializar, nomeadamente, que programa
socio-político e cultural ergueron e defenderon as Irmandades, cal foi o
seu modelo organizativo e o seu axir, cales foron as diferenzas internas
que amosaron e onde situaron o eixo central da Causa galega: a loita
pola visibilización da nación galega, a partir da defensa do idioma propio,
en todos os planos nos que esta debía de se manifestar como tal; pulando
ao tempo polo recoñecemento da Galiza como suxeito político.
Seguir leyendoexpand_more
Título : AS IRMADADES DA FALA (1916-1931)
EAN : 9788484873310
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 15/7/16
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 19.06 mb
Protección : CARE
El libro electrónico AS IRMADADES DA FALA (1916-1931) está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta