A fascinación desatada pola figura de Manoel Antonio converteuno
en autor moito máis admirado do que lido. Non
sorprende: cos textos de vangarda, as características da súa
linguaxe fan necesario un traballo de explicación e análise
para o lector poder realizar con eles un triplo proceso: ler,
sentir e pensar. Non outra cousa significa a lectura, cabalmente
entendida. A orixinalidade deste volume consiste en
facer accesíbel, intelixíbel e apaixonante un texto que arrastra
unha infeliz reputación de difícil, até tornar evidente por
que De catro a catro constitúe unha das obras maiores da
vangarda peninsular no S. XX. A tal fin, son percorridos os
dezanove poemas do libro e esa obstinada circunnavegación
é complementada con achegas de carácter máis ensaístico
para arredondar a interpretación e permitir un xogo de ida e
volta entre a análise dos textos e a reflexión sobre o literario
galego, o lugar nel de Manoel Antonio, ou a sutil forma en
que vampiriza a estética das vangardas históricas. Por tanto,
este libro querería ser útil para os amantes da literatura, os
profesionais do ensino, os investigadores e, en xeral, todos
os que queiran viaxar até o ámago da experiencia literaria en
que o rianxeiro esgotou a súa vida para nos deixar un legado
de inconmensurábel abertura.
Seguir leyendoexpand_more
Título : Manuel Antonio de catro a catro
EAN : 9788484874133
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 20/7/18
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 1.02 mb
Protección : CARE
El libro electrónico Manuel Antonio de catro a catro está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta