COLGADOS
“Non che digo que o seu era o de colgarse? “A las cinco de la
tarde subía con toda la muerte a cuestas”… ao faiado. Á hora
dos touros! Aquilino era forte como un boi. Mentres a xente de
idade durmía a sesta, el colgábase un tempiño, até que quedaba
a gusto e conseguía botar fóra ese aquel que un leva nas
entrañas, que che proe por dentro como un bicho, xa saben a
que me refiro. Porque para colgarse ten que darche un chisgarabís
ou un rauto como vulgarmente se di...”
PISADOS
“Pois o zapato dixo claramente, “chan, chan”... E logo que
pensan que había dicir un zapato posto a falar en galego se
non é “chan, chan”? Non vai dicir “suelo, suelo”… Que “suelo”?,
“suelo pisar mierda cuando miro para el cielo”? É moito
máis difícil… Ademais, se o primeiro que ve un zapato cando
esperta é o chan para que vai dicir “suelo”, é antinatural, por
moito decreto que lle obrigue a falar así a un zapato. Hai que
poñer os pés no chan. É de sentidiño común...”
SNAKIZADOS
“Que vou na na, nara na, nana, nará, naná… nacer dunha
puuuu, que vou nacer dunha puu…nta tacón… Grooou!
Auuuú! Auauarrr! Xoooó!... Non podo, non podo comigo mesmo,
ai aiai!... Silencio! Todos ao cha cha chan… Bailas? Agora
non é o momento, non ves que estou nacendo?... Afasta de
min este… Gragh, gragh! Ca ca cala corvo… Nevermore…Vou
vou na nanai, nanai do dengue dengue, na nacer dunha puu,
puag!... Ao gran!… Vou ir ao gran dunha puuu, dunha puuuuu
ta, ta, ta, tatatatatá!... Tatatatatá! Seica el soíño matou cento vinte
e dous…”
Seguir leyendoexpand_more
Título : TRES LOGOMONOS
EAN : 9788484874140
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 30/7/18
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 593.61 kb
Protección : CARE
El libro electrónico TRES LOGOMONOS está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta