Neste volume recóllense unha serie de artigos que Antonio
Gramsci escribiu entre os anos 1914-1918, é dicir, inicio e fin
da Primeira Guerra Mundial e a aparición, súbita, cara ao leste,
da Revolución bolxevique.
Escritos de mocidade ilustra o itinerario socialista do Gramsci
mozo: proposición de entrada en guerra de Italia a carón dos
aliados e influencias da esquerda anti-conflito reunida en
Zimmerwald, contacto coa clase obreira turinesa e o espectáculo
dos seus combates, o esforzo por elaborar unha vía
orixinal italiana do marxismo, contra as influencias positivistas
e por un retorno ás posición hegelianas vía Benedetto
Croce, o encontro coa definición rusa e o esforzo por definir
o bolxevismo.
Mais tamén un esforzo para introducirse na cultura popular,
nas canles de difusión da cultura burguesa, por elevar
o ton e o fondo das mensaxes dirixidas ao proletariado, o
enfrontamento coa vella garda socialista e co reformismo.
Aínda que ás veces estes artigos ou traballos se resenten do
seu formato xornalístico, non deixan de conformar as bases
do que serán, na súa madureza, as constantes do pensamento
gramsciano: estudo da cultura e literatura populares, a función
dos intelectuais, a construción dun partido revolucionario, a
hexemonía do proletariado, a estratexia para unha revolución
en Occidente, etc.
Hoxe, como sempre pero talvez máis que nunca, o lector
pode tirar leccións e ensinanzas destes escritos xuvenís de
Gramsci para comprender o mundo actual
Read moreexpand_more
Title : ESCRITOS DE MOCIDADE
EAN : 9788484874171
Publisher : Laiovento
Date of publication
: 9/7/18
Format : ePub
File size : 649.23 kb
Protection : CARE
The eBook ESCRITOS DE MOCIDADE is in ePub format
protected by CARE.
- check_circle
This eBook is compatible for reading on iOs and Android Vivlio application.
- check_circle
This eBook is compatible for reading on My Vivlio.
- check_circle
This eBook is compatible for reading on the Vivlio reader.
- check_circle
This eBook is compatible for reading on Vivlio e-reader.
If you want to read on an e-reader from a different brand, check out
our guide.
Log in
My account