Coa represión, que se xeneralizou coa vitoria dos sublevados
en 1939, centos de mulleres comprometidas coa guerrilla antifranquista
foron asasinadas, encarceradas, torturadas, violadas,
recluídas en campos de concentración; tiveron que partir
cara ao exilio nunha viaxe, para algunhas, sen volta ou viviron
un exilio interior. A súa é a crónica das silenciadas, porque
foron obxecto dunha dupla falta de memoria: por seren desafectas
ao novo réxime e pola súa condición feminina.
A planificación política e ideolóxica imposta polo réxime
ditatorial e polo nacionalcatolicismo tivo unha especial incidencia
nas mulleres. Foi unha época en que o androcentrismo
campou por todas as partes; agardábase que fosen transmisoras
da ideoloxía do novo réxime e que estivesen alonxadas
da actividade pública. De aí a incomprensión, o rexeitamento
para as que traspasaron as barreiras da domesticidade porque,
en maior ou menor medida, estaban exercendo unha actividade
política e, por tanto, pública. A represión, que adoptou
diversas facianas, foi especialmente cruel coas mulleres, mais
as dimensións e a ferocidade dos métodos utilizados coas
guerrilleras foi brutal.
Para elas durante moitos anos só houbo silencio, esquecemento
e tortura moral, ao facelas pasar non só como bandoleiras,
igual que os seus compañeiros de loita, senón tamén
como as “queridas”, as amantes dos guerrilleiros. Por iso recuperar
os seus nomes, a súa voz, a súa actividade como
guerrilleiras do monte ou da chaira significa darlles existencia
e desvendar o papel que tiveron na resistencia antifranquista.
E é, tamén, unha forma de homenaxealas porque, malia as
múltiplas negacións, a súa verdade histórica non se pode nin
se debe esquecer.
Seguir leyendoexpand_more
Título : Mulleres na guerrilla antifranquista galega
EAN : 9788484875000
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 8/12/20
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 43.79 mb
Protección : CARE
El libro electrónico Mulleres na guerrilla antifranquista galega está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta