En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de “non ficción”. Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen.
A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha.
Sobre As cancións… a crítica escribiu:
“Raúl Dans produce unha peza de valor, en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario” (Xesús González Gómez).
“Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal” (Manuel F.Vieites).
“É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor” (Xerardo Couto).
“As cancións… resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura.” (Armando Requeixo).
“Un texto, coma todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar” (Miguel Sande).
Seguir leyendoexpand_more
Título : DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións que lles cantaban aos cativos
EAN : 9788484875314
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 19/6/21
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 691.93 kb
Protección : Aucune
El libro electrónico DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións que lles cantaban aos cativos está en formato ePub
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta