Todo o fulgor da época “Nós” fixo posíbel e resoa nas súas múltiplas facetas en Na noite estrelecida, as “sagas” artúricas de Ramón Cabanillas. Tras percorrermos o seu proceso de devoración textual do pasado para o proxectar con valor reflexivo sobre o presente, adquire aínda máis pleno sentido Arredor de si. Nel, Ramón Otero Pedrayo creou unha estratexia narrativa da máxima ousadía, en ton co seu proxecto político cultural, e deu á luz unha obra prima, onde o ideolóxico e o literario conseguen fundirse con rara perfección, ao facer do seu narrador a voz onde a nosa Historia se dá sentido e inaugura o retorno da Galiza á consciencia de si, porta para o desenvolvemento da súa liberdade.
Conclúe así Laiovento a publicación da viaxe de Manuel Castelao Mexuto pola literatura galega de Novecentos, que comezou co volume dedicado a Os eidos, de Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio, e continuou cos que tiveron por obxecto De catro a catro, de Manoel Antonio, e O incerto señor don Hamlet, de Cunqueiro. Todos eles compón a serie que designamos cun nome inequívoco: “Un modo de ler”, pois do que se trata, xustamente, é de reivindicar a literatura como experiencia onde se unen o gozo e a reflexión en feliz e incesante vaivén.
Seguir leyendoexpand_more
Título : Cabanillas/ Otero Pedrayo /Na noite estrelecida / Arredor de si
EAN : 9788484875604
Editorial : Laiovento
Fecha de publicación
: 12/1/22
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 704.14 kb
Protección : CARE
El libro electrónico Cabanillas/ Otero Pedrayo /Na noite estrelecida / Arredor de si está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta