Na segunda metade do século XV, as clases baixas e medias de Galicia estaban a sufrir unha situación de inestabilidade e carencias que alimentaron, durante anos, o descontento xeral e os desexos de xustiza dos menos favorecidos. Aos períodos de malas colleitas por mor da falta de choivas, sumábanselle os abusos da aristocracia, e a inseguridade que supoñían os salteadores e criminais que actuaban baixo o amparo dos nobres e do alto clero. O descontento do pobo estoupou finalmente, na primavera de 1.467, nunha gran revolta popular coñecida como “A Gran Revolta Irmandiña”. Naquel contexto social, un labrego chamado Valente Bolaño, coñecido como “Valente de Covas”, alistouse no numeroso exército popular en busca de liberdade e vinganza. Ao longo de varios anos Valente había ser protagonista, tanto dos satisfactorios logros acadados na guerra, como de desoladoras perdas persoais. Acadada a vitoria, pouco durou aquel tempo de paz e xustiza, xa que unha contra revolta dos nobres, ansiosos por recuperaren o poder e os seus territorios, desencadeou un novo enfrontamento. Valente retomou unha vez máis as armas para defender a liberdade conquistada e ultimar, de paso, o seu inconcluso desquite.
Seguir leyendoexpand_more
Título : A revolta dos gorrións. Nobres e vasalos
EAN : 9788490956922
Editorial : Editorial Círculo rojo
Fecha de publicación
: 22/6/15
Formato : PDF
Tamaño del archivo : 2.64 mb
Protección : Adobe DRM
El libro electrónico A revolta dos gorrións. Nobres e vasalos está en formato PDF
protegido por Adobe DRM
- highlight_off
Este eBook no es compatible para su lectura en las aplicaciones Vivlio de iOs y Android.
- highlight_off
Este eBook no es compatible para leer en My Vivlio.
- highlight_off
Este eBook no es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook requerirá software propietario para ser leído en el e-reader. Además, el lector electrónico no permite adaptar el tamaño de letra a este formato.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta