"Formigas nos pés" é un calidoscopio, a radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura. A novela aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos. Esta é unha novela escrita cunha extraordinaria pulsión. É a historia de Eva, expulsada do paraíso, e de todas as Evas que foron, son e serán. A historia desas mulleres ás que a vida pon na difícil tesitura de aprender a dicir adeus.
Para a protagonista de "Formigas nos pés", de súpeto, o mundo quedou sen luz. Decátase de que desapareceron as cores que gabeaban polas paredes, os aromas da cociña, as rutinas cómodas, a palabra amable, as arelas que debuxa o porvir. E descobre que se ergueron muros, enreixados, fronteiras, camiños de fuxida, torres vixía, voces de mando, reparos, berros, suspicacias. Ela sente a pel dura e o corazón de caramelo. O frío. A quebra. A ferida e o medo. Agóchase nos armarios e busca muletas, bastóns e candís que a guíen polos camiños dese mundo que de súpeto quedou sen luz.
Seguir leyendoexpand_more
Título : Formigas nos pés
EAN : 9788491216025
Editorial : Edicións Xerais
Fecha de publicación
: 7/11/19
Formato : ePub
Tamaño del archivo : Desconocido
Protección : CARE
El libro electrónico Formigas nos pés está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta