Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos) 2014.
Segundo o xurado, 'Ela, piedade dos suicidas' é unha nova visita ao vello mito grego de Orfeo e Eurídice que se fixera xa texto dramático na perdida traxedia de Esquilo e que continuou reescribíndose de xeito incesante dando lugar a creacións moi variadas ao longo de máis de dous milenios. Este actual Orpheo é máis poeta que bardo; a súa arte lírica é sortilexio e salvoconduto para obter o privilexio de saír do furado negro infernal. A vontade transgresora da peza move os marcos do gusto hoxe dominantes cunha orixinal mestizaxe de xéneros, pois presenta unha proposta en verso libre que imprime alento de eternidade a unha escena de marcado carácter obxectual, cohabitada por sombras, pantallas, máscaras e, quizais, mómaros.
O autor materializa aquel vello soño de Rafael Dieste de atopar o sublime estilo oral das estatuas, recuperando a paradoxal estratexia das derradeiras montaxes do Teatro Antroido, onde unha opulenta disposición de aparellos se batía contra o desposuimento reinante no contorno. A achega, asemade, logra transmitir unha percepción coherente e anovada do mundo, sen abandonar as estruturas definidoras do mito. Somete á nosa consideración cal dos dous ámbitos é máis infernal: o do alén ou o dunha “vida” que aniquilou a Eurídice por sobredose de heroína na cámara nupcial. Nesas, só os adxectivos son quen a redimirnos. E grazas.
Contén esta peza as claves dun proxecto escénico moi ambicioso conseguido mediante o recurso aos obxectos, o que o fai viable nestes tempos de recortes económicos e, xa que logo, de elencos retraídos.
A calidade lírica das falas dos personaxes é altísima e dá moita profundidade a unhas figuras dramáticas deseñadas cunha técnica moi rendible e pouco vista hoxe.
Reivindica a potencialidade enriquecedora da palabra en escena de modo que o texto se dá a valer coa dignidade propia do que non é un simple pretexto ou produto subordinado.
Seguir leyendoexpand_more
Título : Ela, piedade dos suicidas
EAN : 9788499952628
Editorial : Baia edicions
Fecha de publicación
: 21/11/17
Formato : ePub
Tamaño del archivo : 800.8 kb
Protección : CARE
El libro electrónico Ela, piedade dos suicidas está en formato ePub
protegido por CARE
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en la aplicación Vivlio de iOs y Android.
- check_circle
Este eBook es compatible para leer en My Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en el lector Vivlio.
- check_circle
Este eBook es compatible para su lectura en un e-reader Vivlio.
¿Quieres leer en un eReader de otra marca? Sigue
nuestra guía.
Conectarme
Mi cuenta