Pantalla :
Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo. Guiarante as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de...
A elaboración desta guía didáctica responde a inquietudes diversas. En primeiro lugar, á conciencia de que o panorama das aulas está a experimentar continuas transformacións de consumo cos cambios que...
Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda unha vida. A medida que se ascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero, en troques, a mirada...
Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode...
Adaptación dunha obra para monicreques, narra as aventuras e desventuras de Tío Miseria e a súa relación co ceo e o inferno.
Poemas ilustrados que tratan de incentivar a creatividade e a imaxinación dos lectores e lectoras máis pequenas, cun libro divertido que, ademais, axuda a formar a súa personalidade. Poemario infantil...
O afundimento do Tiránic, gañadora do IV Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2006 organizado polo IGAEM, móstranos, seguindo a mellor tradición do teatro de monicreques,...
Obra gañadora do VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (2010, modalidade infantil) 'Fábula galénica', onde «hai animais que falan como as persoas e persoas que se comportan como...
Caramulo e a carpinteira dos soños trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Pódese considerar unha homenaxe á sabedoría...
A xacia Luviñas trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Dá a coñecer tamén as embarcacións tradicionais máis empregadas...
Todo o mundo lle pregunta a Xurxiño que quere ser de maior. E todo o mundo dá unha resposta antes de escoitar o que el pensa. Pero, cando por fin el mesmo o sabe, vaia sorpresa terán seus pais! Miguel...
“Nun lóstrego de tempo “o conto” que sua avoa Estrella lle contaba na infancia cobrou sentido completo: “Ti chamaste Sabela en lembranza daquela outra Sabela Varela Castro; os apelidos coinciden; nacestes...
Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario...
'Tres en raia' é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro. A enfermidade de Guillerme propicia, despois de décadas de separación, o reencontro...
Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida...
Libro de poemas nos que o autor nos aproxima á natureza e fai un chamado a practicar os auténticos valores humanos.
A aparición dunha bolboreta no patio de xogos dunha Escola Infantil serve para que nenos e nenas, axudados pola profesora, organicen unhas actividades coas que coñecerán todo sobre estes sorprendentes...
Que segredo gardan as fragas do Eume? Que aconteceu alí hai douscentos anos? Paloma, Paula e mais o seu curmán, Alex, van pasar as vacacións xunto da súa amiga Uxía, filla dun mariñeiro da aldea de aresá...
Dentro de cen anos. A Terra vive momentos convulsos desde hai tempo, habitada por seres con poderes especiais e sen escrúpulos que loitan por controlar o planeta. Os TREBELLOS CA, RU e XEM, única UNIDADE...
Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos) 2014. Segundo o xurado, 'Ela, piedade dos suicidas' é unha nova visita ao vello mito grego de Orfeo...
... antes de repousar nos fundos oceânicos, chega o tempo abala no maor ausente, um reconhecimento necessário antes da última despedida, a do Corral que aguarda um reencontro com o seus própios fantasmas....
Cesáreo Sánchez olla o de fóra desde dentro, formando parte do que mira, asumíndoo, interiorizándoo. Espindo a forma até atopar o seu sentido interior. A palabra abrolla no propio proceso de manifestarse,...
Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar...
O avoíño de Saleta ten unha teima. Acabar con todas as malditas moscas que enchen a casa cando chega a calor. Saleta decide axudalo. Pero cazar moscas non é cousa doada. E á avoíña o resultado non lle...
Teño medo na casa da avoa, alguén fai uns ruídos arrepiantes pola noite.. Quen será? Que busca?
Coa alusión bíblica do seu título, Correa Corredoira entoa todo un rosario de salmos laicos nos que o eros trata de escorrentar a morte e puxar a brazo partido pola vida. Son tan tenaces e apaixonados...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.