Pantalla :
Relato do escritor naviego-lucense Toño Núñez, ilustrado polo debuxante betanceiro e colaborador de La voz de Galicia Xosé Tomás, que conta a historia dun vello e tenro mariño galego -o capitán Peneque-...
Que é unha poeta? Como nace? Como é no colexio, na casa, na vida? A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e,...
A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo...
Agora sabían o xeito de localizar a pantasma e poderían tentar illala. Só que... algo non estaba a marchar como estaba previsto, xa que pouco a pouco a mensaxe da pantasma foi tomando forma de novo no...
Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa...
Na bisbarra de Vilar de Abade hai un castro rodeado de toxeiras, coma moitos outros, e coma moitos outros é difícil dar con el. Aínda mantén vestixios da súa importancia pasada, con restos dunha muralla...
Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificacmente...
A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir...
Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra...
O barco, no que Lisa ía regresar ao seu país despois das vacacións, agardaba no porto de Casablanca cheo de luces, de bandeiras de cores, de música... No fondo sentía moito deixar alí á súa amiga, que...
Gañadora do 3º Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Meiga Moira" (2008) Outra cidade. Un novo barrio. Outro colexio cheo de compañeiros descoñecidos. No momento da nova mudanza, Marcos levaba moitas...
Un neno, que se considera maior de máis, négase xa a poñer cueiros cando vai durmir pero ten un grave problema: polas mañás ten que soportar as queixas do pai e as burlas do irmán pequeno ao erguer da...
Unha sombra escura rompe a tranquilidade da noite en Penagrande coma unha aparición que viñese do Outro Mundo e a brisa comeza a sacudilo todo. Nese intre, un prolongado e agudo sesear cae baixo as árbores....
Finalista do 1º Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira (2004). Nerea, a protagonista desta novela, vive emocionantes e perigosas peripecias a través de viaxes no tempo para rescatar da morte...
Poema ilustrado que trata de incentivar a creatividade e a imaxinación dos lectores e lectoras máis pequenas, cun libro divertido que, ademais, axuda a formar a súa personalidade. Que quería dicir Rosalía...
Malena e Mateo, o seu antigo profesor da facultade de Historia, son os encargados do anteproxecto de restauración do castelo de Soutomaior. Durante a súa visita atopan por casualidade un manuscrito dunha...
O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas...
A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte...
É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia. Agora, nin iso, xa non...
O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado. Entre os obxectos do máis curioso que Alice leva ao...
Por mor da guerra que asola a cidade, un rapaz queda orfo. Cando é trasladado ao orfanato, descobre que as únicas pertenzas que lle quedan (un caderno e uns lapis que lle regalara a súa nai), teñen poderes...
Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón, aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa mai, que nunca pode xogar con ela. Pero un día, ao volver...
Un home sae do hospital despois de varias operacións e padecementos. Está moi enfermo. Regresa á súa casa para pasar o tempo que lle queda entre os seus. A súa familia quere mantelo encamado e baixo control,...
A acción transcorre nunha comarca preto da fronteira. As partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura. O goberno organiza entón...
Durante cinco anos, desde novembro de 2010 até finais de 2015, o asinante destas páxinas estivo a colaborar de modo regular coa publicación dixital Terra e Tempo [...] con artigos mensais e, xa nos últimos...
Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar...
Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa...
A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos...
Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas...
Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra,...
Puede que no esté disponible para la venta en tu país, sino sólo para la venta desde una cuenta en Francia.
Si la redirección no se produce automáticamente, haz clic en este enlace.